Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.930

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de empresas auxiliares de Astano, S.A. (Indasa, Montajes Cabral, S.L. e Dacrío, S.A.).

Visto o expediente do convenio colectivo de empresas auxiliares de Astano, S.A. (Indasa, Montajes Cabral, S.L. e Dacrío, S.A.) (código convenio nº 1500523) que tivo entrada nesta delegación provincial con data 15-12-2000, subscrito en representación da parte económica polos representantes das empresas Indasa, Dacrío, S.A. e Montajes Cabral, S.L., e, da parte social, polo comité de empresa Indasa e delegados de persoal de Dacrío, S.A. e Montajes Cabral, S.L. o día 12-12-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de decembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo de empresas auxiliares de Astano, S.A.

Capítulo I

Disposición xerais

Artigo 1º.-Obxecto do convenio.

O presente convenio colectivo ten por obxecto regula-las relacións económicas e sociais entre as empresas Indasa, Montajes Cabral, S.L. e Dacrío, S.A., e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Carácter do convenio.

Declárase expresamente que as condicións pactadas son máis beneficiosas que as mínimas legais que ó traballador lle correspondan.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación ás empresas Indasa, Montahes Cabral, S.L. e Dacrío, S.A., a actividade principal das cales se realiza no recinto da factoría de Astano, S.A. de Perlío-Fene.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Este convenio será de aplicación á totalidade dos traballadores das empresas relacionadas no ámbito territorial.

Artigo 5º.-Vixencia. Denuncia e prórroga.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día da súa publicación no BOP e manteraa ata o 31 de decembro de 2001.

Non obstante, os seus aspectos salariais retrotraerán os seus efectos ó 1 de xaneiro de 2000.

Con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia calquera das partes poderá denuncia-lo convenio colectivo, notificándollo á outra parte e á delegación provincial da consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; as partes comprometeranse a constituí-la comisión negociadora no prazo máximo dun mes.

No suposto de non mediar denuncia dentro do prazo indicado, este convenio colectivo prorrogarase de ano en ano tacitamente.

Artigo 6º.-Compensación e absorción. Garantía ad personam.

As melloras económicas que no futuro calquera disposición obrigatoria puidese establecer, absorberanse ou compensaranse globalmente.

Así mesmo, respectaranse, a título individual, as percepcións de calquera clase que sexan máis beneficiosas cás establecidas no presente convenio.

Así, para aqueles traballadores que ata o ano 1988 tiñan reguladas as súas relacións laborais polo convenio colectivo de empresas auxiliares de Astano, S.A., respectaranse na súa totalidade os dereitos adquiridos derivados da reconversión naval, establecéndose ademais un complemento adicional establecido no convenio colectivo de 1996, que está suxeito ós incrementos salariais do actual e de futuros convenios, que compensa o prexuízo económico que supuxo para estes traballadores a adopción do novo sistema de complementos salariais, proposto no convenio colectivo do 96 xa mencionado.

Capítulo II

Xornada de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será en cómputo anual do mesmo número de horas que as que se pactan no convenio colectivo de Astano, S.A.

A distribución horaria e semanal da xornada de traballo será a mesma que realice a empresa Astano, S.A.

Durante a xornada haberá un descanso de 15 minutos de duración bocadillo, que será computado como tempo efectivo de traballo.

Para aqueles traballos en que se necesite a continuidade destes a base de xornada de quenda, esta será de 37,5 horas semanais, quedando a expensas do cómputo de horas do convenio colectivo de Astano, S.A.

A dita xornada de quenda terá un descanso de 15 minutos de duración, sendo considerado o dito descanso como tempo efectivo de traballo.

Esta xornada de traballo será de aplicación sempre que os traballos se realicen dentro do recinto de Astano, S.A. Cando os traballos se realicen noutras empresas, a xornada de traballo poderá ser de aplicación a que estas empresas teñan regularizada, manténdose sempre a garantía de cómputo de horas anuais.

Artigo 8º.-Vacacións e pontes.

Segundo o artigo de xornada, os días pontes serán os mesmos que desfruten os traballadores de Astano, S.A.

No cómputo de haberes dos días ponte entrarán os seguintes conceptos: salario base, complemento de asistencia, complemento de carencia de incentivo, complemento de condicións ambientais en media semanal e antigüidade.

Os días de vacacións serán retribuídos conforme a media obtida polo traballador, salarios, primas, antigüidade, complemento de condicións ambientais, nos tres últimos meses traballados con anterioridade á data da súa iniciación.

As vacacións terán que ser sempre desfrutadas e nunca compensadas en metálico.

Restablecemento da xornada regulamentaria.

Deberá terse en conta que todo o anterior se basea en que a producción durante a xornada deberá ser equivalente á de mañá e tarde anterior.

Ben entendido que as empresas se reservan o dereito a restablece-la xornada regulamentaria non continuada, en calquera momento, en caso de que Astano, S.A. a modificase.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O traballador, avisando coa suficiente antelación, poderá faltar ó traballo con dereito a percibi-lo seu salario base, antigüidade e complemento de carencia de incentivos, polas seguintes causas:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio do traballador non sendo a dita licencia computable dentro do período de vacacións.

b) 3 días en caso de nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de pais, cónxuxe, fillos e irmáns.

c) 2 días naturais en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando por tales motivos o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 2 días máis.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

Cando conste unha xornada legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta determine en canto á duración da ausencia e á súa compensación.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo, en máis do 20 % das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo III

Ordenación económica

Artigo 10º.-Estructura salarial.

A remuneración do persoal afectado polo presente convenio colectivo, estará constituído polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Complementos do salario.

Artigo 11º.-Incremento e revisión salarial.

Os incrementos sobre salarios e demais conceptos retributivos correspondentes ós anos 2000 e 2001 serán dun 3 % para cada un dos anos de vixencia do convenio.

Os atrasos resultantes da aplicación do convenio aboaranse nos 2 meses seguintes ó seu asinamento.

Artigo 12º.-Cláusula de revisión salarial.

No suposto de que o IPC real do ano 2000 fose superior ó 3%, a diferencia positiva adicionarase ás táboas salariais. Non obstante, se o IPC real fose superior ó incremento salarial pactado en 1 ou máis puntos, a diferencia positiva teríase en conta para efectos do pagamentos de atrasos.

O mesmo procedemento, antes descrito, se seguiría para o ano 2001, se o IPC real deste ano fose superior ó 3%, tanto no concernente á revisión das táboas salariais coma do aboamento dos atrasos.

Artigo 13º.-Salario base.

Os salarios base establecidos por cada categoría profesional son os que se recollen na táboa salarial.

Artigo 14º.-Complementos do salario.

Complemento de antigüidade.

Complemento de carencia de incentivos.

Complemento de asistencia.

Complemento de condicións ambientais.

Complemento de xefe de equipo.

Complemento de quenda.

Horas extraordinarias.

Pagas extras.

Artigo 15º.-Antigüidade.

Aboarase un complemento de antigüidade ó 4% do salario base por trienio.

Mantéñense os quinquenios (5%) e bienios que ata o convenio de 1978 se viñan percibindo e a partir do ano 1979 aplícanse trienios.

Artigo 16º.-Complemento de carencia de incentivos.

Aboarase por este concepto o establecido na táboa do presente convenio.

Artigo 17º.-Complemento de asistencia.

Aboarase por este concepto o establecido na táboa do presente convenio, que consistirá no aboamento dun complemento por día efectivo de traballo.

Perderase o dereito a este complemento mensual cando no transcurso do dito mes se falte tres días sen xustificar.

Por un día de falta sen xustificar descontaranse dous días do dito complemento.

Non se considerará falta de puntualidade para efectos de perda do dito complemento, cando a suma dos minutos de atraso no traballo, entre a hora de entrada e/ou saída non exceda de cinco minutos.

Artigo 18º.-Complemento de condicións ambientais.

Establécese un complemento fixo por día de asistencia ó traballo, co valor que se establece nas táboas salariais.

Artigo 19º.-Complemento de xefe de equipo.

A compensación que percibirán os traballadores que desempeñen esta función, consistirá no aboamento dos valores establecidos na táboa anexa durante o exercicio real de tal función. A todos aqueles traballadores que na data do asinamento do convenio de 1981 viñesen percibíndoo, quedaralles consolidado na cantidade de 4.500 pesetas mensuais.

Artigo 20º.-Complemento de quenda.

Aboarase por este concepto o establecido nas táboas salariais.

Artigo 21º.-Horas extras.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de fomenta-la política solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais, mantendo así o criterio xa establecido en convenios anteriores.

É intención das partes asinantes a posibilidade de realizar novas contratacións, dentro das modalidades de contratación vixentes, en substitución das horas extrordinarias suprimidas.

Respecto ós distintos tipos de horas extraordinarias acórdase o seguinte:

a) Horas extras que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas.

b) Valor horas extras: tomarase como base de cálculo o valor da hora ordinaria que será multiplicada por un coeficiente de maioración en función da clasificación seguinte:

* Horas extraordinarias realizadas en días laborables: coeficiente=1,60.

* Horas extraordinarias realizadas en noites e festivos: coeficiente=1,75.

Realización.

c) Os traballos que se realicen nos diques número 1 e 2 e a entrega de barcos de nova construcción conceptuaranse horas estructurais, manténdose as mesmas, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación prevista legalmente.

d) A dirección das empresas informarán mensualmente os delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e a súa distribución. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, as empresas e os representantes legais dos traballadores, determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias, para efectos de cumpri-lo establecido na normativa vixente sobre cotización á Seguridade Social.

Artigo 22º.-Pagas de vencemento superior ó mes.

Serán as pagas extras de verán e Nadal e serán aboadas os días 15 de xullo e 22 de decembro. As ditas pagas extras consistirán no aboamento de 30 días de salario base e antigüidade.

Ó persoal que non estea percibindo o complemento de antigüidade aboaráselle por este concepto o valor dun trienio correspondente á súa categoría para efectos das ditas pagas, proporcional ó tempo traballado.

Artigo 23º.-Período de devengo de haberes.

O pagamento de haberes realizarase o día 8 de cada mes nas empresas Indasa e Dacrío, S.A. e o día 10 en Montajes Cabral, S.L.

Artigo 24º.-Axudas de custo.

En caso de necesidade de desprazamento, para efectuar traballos fóra da comarca, cada empresa acordará cos seus traballadores as cantidades que se percibirán por este concepto.

Capítulo IV

Dereitos sindicais

Artigo 25º.-Delegados de persoal.

Os delegados de persoal terán os dereitos e garantías sindicais recoñecidos no Estatuto dos traballadores, acordo interconfederal e Lei orgánica de liberdade sindical.

Capítulo V

Disposicións sociais

Artigo 26º.-Economato e enfermería.

Constitúese unha comisión formada polos representantes legais dos traballadores e das direccións das empresas para xestionar perante a dirección de Astano, S.A., para que os traballadores afectados polo presente convenio teñan dereito ó economato laboral de Astano, S.A.

Garantirase un recoñecemento médico completo de carácter anual, igual que ó persoal de Astano, S.A. e nas súas instalacións.

Artigo 27º.-Reserva do posto de traballo.

Os traballadores fixos do cadro de persoal, que cesasen temporalmente na empresa por pasar a unha situación de invalidez provisional, terán dereito, ó seren declarados de novo aptos para o traballo, a seren reintegrados de novo ó seu posto de traballo, que con carácter normal ocupasen na empresa na data na que causasen baixa temporal.

Cumpriría que o traballador o solicitase dentro do mes seguinte á data da súa declaración de apto por resolución firme do organismo competente, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no prazo máximo de 15 días seguintes á data en que o traballador formulase a súa petición de reingreso.

Se o traballador non o solicitase dentro do mes seguinte á data da súa declaración de apto pola súa resolución firme, a empresa quedarán liberada das súas obrigas de readmitilo.

As empresas entregarán anualmente a cada productor tres fundas de traballo, sendo unha por cada catro meses. Así mesmo, a empresa dará unha compensación económica de 150 pesetas mes para aseo persoal.

Artigo 28º.-Política de emprego.

En función de que as previsións de carga de traballo de novas construccións para Astano, S.A. aínda non están materializadas, as partes asinantes deste convenio acordan que, antes de rematar este ano, se levarán a cabo as reunións pertinentes para analiza-la situación presentada, co obxecto de que, clarificada esta, se proceda a unha negociación orientada á conversión de contratos temporais en fixos do cadro de persoal, sendo un dos criterios fundamentais para ter en conta que esas contratacións

fixas vaian dirixidas ó persoal con maior antigüidade na empresa.

Artigo 29º.-Recualificación profesional.

As empresas, de acordo cos representantes sindicais, estudiarán os casos de traballadores que realicen traballos de superior categoría, para cualificalos coa categoría superior que corresponda.

Artigo 30º.-Comedor.

As empresas comprométense a aboar un 50% da cota por comensal de cada traballador que use os servicios do comedor de Astano, S.A., sempre e cando teña que continua-la súa xornada pola tarde, e cando por motivos de afastamento do seu domicilio se vexa necesitado de utilizalo, logo de solicitude á empresa.

Artigo 31º.-Percepcións económicas por enfermidade e accidente.

En caso de IT por enfermidade común, as percepcións económicas para o traballador serán do 100% desde o 8º día no primeira rebaixe do ano, e o 100 % desde o décimo quinto nos demais rebaixes.

En caso de hospitalización debida a enfermidade común, enfermidade profesional e accidente de traballo, o 100% desde o primeiro día.

Artigo 32º.-Seguro colectivo.

Establecerase un seguro colectivo para o persoal afectado polo presente convenio que cubrirá as seguintes garantías:

a) Por falecemento do traballador en accidente laboral, 4.000.000 de pesetas.

b) Por incapacidade total, absoluta ou gran invalidez para todo o traballo, 4.000.000 de pesetas, sempre e cando se cause baixa na empresa.

c) Para o traballador que desempeñe as funcións de vixilante de seguridade, terá un seguro de responsabilidade de 5.000.000 de pesetas.

Artigo 33º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión de interpretación e vixilancia do convenio colectivo de composición paritaria, formada por cinco membros en representación dos traballadores e en representación das empresas outros cinco.

As reunións da comisión terán lugar, logo de convocatoria escrita de calquera das partes.

Serán funcións da comisión analiza-las dúbidas e discrepancias que poidan xurdir en canto ó cumprimento do convenio colectivo e interpretación cando proceda, así como trata-los problemas que se lles poidan presentar ás empresas en canto á garantía dos postos de traballo motivados polas contratacións.

Relación de asinantes: Indasa, Dacrío, S.A., Montajes Cabral, S.L., UGT e CC.OO.

Fene, 12 de decembro de 2000.

Táboas salariais ano 2000

Traballadores anteriores ano 1988

CategoríaS. baseAsistenciaP.C.I.P.C.A.X. equi.Q. díaQ. noiteP. fixo adic.

Oficial 1ª3.4634328652575595591.1221.092

Oficial 2ª3.3884328472575515511.0991.098

Oficial 3ª3.3014328252575355351.0661.128

Especialista3.2844328212575355351.0631.139

Peón3.2184328042575185181.0351.144

Mestre taller116.461432970257----5511.154861

Encargado106.813432889257----5411.1291.131

Administrativo 1ª111.962432933257------------313

Administrativo 2ª106.813432889257------------414

Auxiliar100.404432836257------------373

Traballadores anteriores ano 1988

CategoríaS. baseAsistenciaP.C.I.P.C.A.ExtrasTotalP. fixo adic.

Oficial 1ª1.267.458129.168258.63576.843207.7801.939.884399.672

Oficial 2ª1.240.008129.168253.25376.843203.2801.902.552401.868

Oficial 3ª1.208.166129.168246.67576.843198.0601.858.912412.848

Especialista1.201.944129.168245.47976.843197.0401.850.474416.874

Peón1.177.788129.168240.39676.843193.0801.817.275418.704

Mestre taller1.397.532129.168290.03076.843232.9222.126.495315.126

Encargado1.281.756129.168265.81176.843213.6261.967.204413.946

Administrativo 1ª1.343.544129.168278.96776.843223.9242.052.446114.558

Administrativo 2ª1.281.756129.168265.81176.843213.6261.967.204151.524

Auxiliar1.204.848129.168249.96476.843200.8081.861.631136.518