Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.896

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SANTA MARÍA DE RUS, S. COOP.

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa Santa María de Rus, S. Coop., con domicilio en Carballo, A Braña-Rus, e CIF F-15020019, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei de cooperativas de Galicia, comunica que a asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, con data do 30 de xaneiro de 2001, acordou fusionarse coas sociedades cooperativas Santa María Magdalena, Pazos e Cooperativas Reunidas de Bergantiños-Coreber, polo sistema de absorción, resultando esta última a sociedade absorbente.

Os acredores terán o dereito de opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas.

En Carballo, o 30 de xaneiro de 2001.

Ramón Rodríguez Serrano

Secretario

Visto e prace

Manuel Rodríguez Caamaño

Presidente