Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.896

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PAZOS, S. COOP.

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa Pazos, S. Coop., con domicilio en Ponteceso, lugar de Pazos, e CIF F-15014335, por medio deste anuncio e no cumprimento do artigo 78 da Lei de cooperativas de Galicia, comunica que a asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, con data do 30 de xaneiro de 2001, acordou fusionarse coas sociedades cooperativas Santa María Magdalena, Santa María de Rus e Cooperativas Reunidas de Bergantiños, Coreber, polo sistema de absorción, resultando esta última a sociedade absorbente.

Os acredores terán o dereito de opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas.

En Ponteceso, 30 de xaneiro de 2001.

Jesús Mato Pose

Secretario

Visto e prace

Manuel Puñal Garda

Presidente