Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.896

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SANTA MARÍA MAGDALENA, S. COOP.

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa Santa María Magdalena, S. Coop., con domicilio na Laracha, Comiáns-Montemaior, e CIF F-15019698, por medio deste anuncio e no cumprimento do artigo 78 da Lei de cooperativas de Galicia, comunica que a asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, con data do 29 de xaneiro de 2001, acordou fusionarse coas sociedades cooperativas, Santa María de Rus Pazos e Cooperativas Reunidas de Bergantiños Coreber, polo sistema de absorción, resultando esta última a sociedade absorbente.

Os acredores terán o dereito de opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Na Laracha o 29 de xaneiro de 2001.

Magdalena Martínez García

Secretaria

Visto e prace

Gervasio Ramilo Lamas

Presidente