Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.854

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 31/2001, do 1 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto na estrada provincial 0512, ampliación e mellora do punto quilométrico 5,300 ó 12 Campo ó Birloque por Uxes (Programa de actuación da rede provincial de estradas (Plan 2000 de estradas), 1ª fase de 1999 (termo municipal de Arteixo).

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión do día 27 de novembro de 1998, aprobou o proxecto

na estrada provincial 0512, ampliación e mellora do punto quilométrico 5,300 ó 12 Campo ó Birloque por Uxes (Programa de actuación da rede provincial de estradas (Plan 2000 estradas), 1ª fase de 1999, (termo municipal de Arteixo) e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Que, solicitada a documentación complementaria para a tramitación correcta do expediente, esta foi remitida e tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de decembro de 2000.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data do 18 de xaneiro de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo sinala a deputación, trátase de mellora-lo firme das estradas, o largo da calzada que ten dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, a circulación de vehículos pesados e os puntos negros, evitando deste xeito o risco de accidentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de febreiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto na estrada provincial 0512, ampliación e mellora do punto quilométrico 5,300 ó 12 Campo ó Birloque por Uxes (Programa de actuación da rede provincial de estradas (Plan 2000 estradas), 1ª fase de 1999 (termo municipal de Arteixo).

Santiago de Compostela, un de febreiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais