Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.838

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 2 de febreiro de 2001 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para o fomento da innovación empresarial e prestación de servicios no sector da minería na Comunidade Autónoma galega, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2001.

Como consecuencia da evolución tecnolóxica, as empresas han de realizar cambios continuos nos procesos productivos. Para poder competir deben adapta-los seus productos, as súas instalacións e a propia organización empresarial. Deben realizar permanentemente investimentos na adquisición de novos equipos tecnoloxicamente avanzados.

A competitividade das empresas é fundamental para a creación e mantemento do emprego. Nos acordos sobre medidas para o crecemento e o emprego en Galicia do 30 de xullo de 1999, xa se indicaba que o reforzo da base productiva da nosa economía, xunto co aproveitamento máis eficaz do seu potencial de desenvolvemento, é a única garantía dun crecemento sostido e dun emprego máis estable e de calidade.

Como resultado da análise das liñas estratéxicas de actuación sobre os sectores da nosa economía, establecéronse catro complexos básicos, entre os que figura o das actividades prioritarias do sector industrial nas que se inscriben as relacionadas cos minerais non metálicos.

O contido desta orde de axudas axústase ó establecido polo acordo do Consello da Xunta de Galicia

do 14 de abril de 2000, segundo o cal, mentres non recaia a decisión da Comisión Europea de compatibilidade coa normativa comunitaria e non entre en vigor a nova disposición normativa, manterase a actividade de fomento autonómico axustándose ás directrices, tanto horizontais como sectoriais, dictadas pola comisión, así como, de se-lo caso, ós límites de intensidade autorizados a Galicia no Mapa Rexional de Axudas de España para o período 2000-2006.

En consecuencia, como un instrumento de execución do anexo III, medidas estratéxicas para os sectores productivos, dos mencionados acordos sobre medidas para o crecemento e o emprego en Galicia,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais e réxime de concesión

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto da presente orde é convocar e regula-las axudas que a continuación se indican e se fan públicas as bases polas que se rexerán cada unha delas que se axustan ós principios de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva:

1. Fomento da prestación de servicios efectuada por asociacións ou federacións empresariais dos sectores industriais relacionadas coa minería non metálica.

2. Fomento da calidade de sectores industriais relacionadas coa minería non metálica.

3. Fomento da seguridade nas empresas de sectores industriais relacionadas coa minería non metálica.

4. Fomento da innovación empresarial de sectores industriais relacionadas coa minería non metálica.

Artigo 2º.-Aplicacións orzamentarias.

Estas axudas outorgaranse con cargo ós créditos previstos nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2001, destinándose para o seu financiamento a cantidade global de 573.917.809 pesetas distribuídas nas seguintes aplicacións orzamentarias:

-Código: 08.02.743-A.770

Denominación: fomento da investigación. Minerais non metálicos.

Importe en pesetas:

Ano 2001: 193.917.809 pesetas.

Ano 2002: 60.000.000 de pesetas.

Ano 2003: 30.000.000 de pesetas.

-Código: 08.02.743-A.770.1

Denominación: apoio á maquinaria galega para a pedra.

Importe en pesetas:

Ano 2001: 200.000.000 de pesetas.

Ano 2002: 60.000.000 de pesetas.

Ano 2003: 30.000.000 de pesetas.

A aplicación orzamentaria 08.02.743-A.770 destinarase para financia-los tres primeiros tipos de axudas que se indican no artigo 1º.

A aplicación 08.02.743-A.770.1 destinarase para financia-las axudas indicadas no punto 4 do artigo 1º.

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

Poderanse establece-los correspondentes compromisos plurianuais dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente.

Excepcionalmente, nos supostos en que existira compatibilidade entre as accións correspondentes ás aplicacións orzamentarias citadas e crédito suficiente, poderá destinarse parte de crédito dunha das aplicacións que non fose esgotada para cubrir actuacións da outra aplicación que quedaran excluídos por falta de crédito.

Artigo 3º.-Beneficiarios e ámbito de aplicación.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas privadas, as súas asociacións sectoriais, as súas federacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

1. Que a súa actividade se relacione coa xeoloxía, os sectores de extracción ou transformación mineira, a cerámica, os áridos ou que presten servicios específicos ou fabriquen equipos para os ditos sectores.

2. Que materialicen o proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

3. Que non teñan pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma e que se encontren ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

4. Que posúan personalidade xurídica propia e suficiente capacidade para obrar e que non estea inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

5. As empresas incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 115/2000 do 11 de maio, polo que se aproba a regulación dos rexistros de establecementos industriais de Galicia, deberán encontrarse inscritas e cos datos actualizados, de acordo cos prazos establecidos no dito decreto.

6. Calquera que poida ser esixible en virtude de normas de dereito necesario.

7. Ademais, en virtude do acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove, para que unha empresa poida adquiri-la condición de beneficiaria de axudas, será necesario que polo menos o 35% do seu cadro de persoal teña contratos por tempo indefinido.

Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó final do prazo que se conceda para tal efecto.

As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acada-la mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, se deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

O cumprimento dos requisitos anteriores non se esixirá en relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O citado requisito tampouco se lles esixirá ás empresas con menos de 10 traballadores. Neste caso

a porcentaxe de estabilidade mínima laboral esixida reducirase ó 33%.

Tampouco será necesario cumpri-lo dito requisito nas subvencións inferiores a 10 millóns de pesetas (60.101,21 euros) por proxecto de investimento.

Artigo 4º.-Actuacións subvencionables.

As axudas destinaranse ás seguintes actuacións sempre que se inicien no ano 2001:

1. Desenvolvemento de proxectos realizados por asociacións sectoriais, as súas federacións ou entidades sen ánimo de lucro, no ámbito dos sectores relacionados coa minería non metálica, para as seguintes actuacións:

1.1. Promoción sectorial.

1.2. Análise e implantación de estratexias no sector orientadas ó incremento da exportación.

1.3. Difusión de tecnoloxías, métodos e formas de organización innovadores.

1.4. Actuacións para a mellora da calidade do producto.

1.5. Prestación de servicios.

1.6. Investimentos en infraestructuras.

2. Actuacións en materia de calidade.

2.1. Obtención da certificación correspondente á implantación de sistemas de xestión da calidade. Consideraranse como investimentos subvencionables os custos debidos á entidade certificadora acreditada polo correspondente organismo, os derivados das auditorías, así como os da concesión tramitación, rexistro ou emisión da certificación.

2.2. Neste punto soamente se considerará investimento subvencionable os custos derivados da consultaría externa realizada por entidades de recoñecida experiencia.

2.3. Accións encamiñadas ó desenvolvemento de plans de calibración de equipos de medida co obxecto de aseguramento da trazabilidade e uniformidade dos resultados das medicións, incluíndo os instrumentos e patróns de medida, os materiais de referencia e aparellos auxiliares necesarios para as medicións.

3. Actuacións para mellora-las condicións de seguridade e saúde das actividades mineiras:

Aquelas que contribúan de forma directa á prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Serán incentivables actuacións que supoñan unha minoración dos índices de po e ruído nas explotacións e naves de elaboración.

4. Actuacións en materia de innovación:

4.1. Estudios previos á innovación: a realización de auditorías tecnolóxicas, estudios de prospectiva e coñecemento do estado da arte tecnolóxica e as súas aplicacións no contorno empresarial co obxecto de defini-las tecnoloxías que debe incorporar para mellora-lo proceso de producción. Análise prospectiva de mercados estratéxicos, así como do contorno competitivo en xeral (Benchmarking).

4.2. Innovación en producto: estudios de viabilidade que teñan como obxecto a análise de posta en marcha de estratexias de diversificación produc

tiva. Incorporación de técnicas de deseño nas actividades empresariais.

4.3. Innovación en proceso productivo:

a) Intanxibles: estudios de viabilidade de novos procesos de producción ou a introducción de cambios nos existentes. Estudios para o diagnóstico e a implantación de técnicas de xestión empresarial encamiñadas á mellora da eficacia nos procesos xa implantados, dentro das distintas áreas funcionais da empresa. Estudios orientados á creación dunha nova imaxe corporativa. Actuacións de difusión empresarial a través do uso de novas tecnoloxías co obxecto de consolidar ou captar novos mercados. Adquisición de patentes de procesos, vinculados á finalidade da súa implantación na Comunidade Autónoma, que supoñan unha novidade dentro do tecido productivo de Galicia.

b) Aplicacións informáticas que representen mellora na eficiencia productiva ou en parámetros de calidade.

c) Adquisición de bens de equipo de concepción tecnolóxica avanzada.

En xeral, tódolos estudios e proxectos de consultoría ós que se fai referencia neste artigo 4º deberán ser realizados por empresas ou entidades externas con experiencia recoñecida na materia de que se trate.

Nas actuacións a que se refire o epígrafe c) do punto 4.3 deste artigo non se considerarán subvencionables os equipos usados, nin reformas ou reparación, nin os traballos de mantemento aínda que incorporen elementos novos. Non se considerará subvencionable a obra civil, nin as cimentacións e instalacións auxiliares das máquinas. Tampouco se considerarán subvencionables os traballos para a instalación da maquinaria ou os gastos do seu transporte.

Tódalas actuacións ás que se refire o punto 1 deste artigo deberán ter repercusión no sector, en xeral, ou nunha importante parte deste.

Non se valorará para efectos de investimento, os gastos que se realicen en pagamentos de impostos, IVE, taxas, contribucións, licencias, nin calquera outro de carácter tributario, fiscal ou sometido a aranceis, nin os correspondentes a fórmulas de arrendamento financeiro, excepto as actuacións a que se refire o punto 1 do artigo 4º nas que se poderá considera-lo IVE como subvencionable cando o beneficiario acredite, mediante a correspondente certificación, que se encontra acollido ó réxime de exención de IVE.

Artigo 5º.-Criterios obxectivos de adxudicación.

Para a determinación da preferencia na concesión e contía das axudas tívose en conta o establecido no punto relativo ó sector dos minerais non metálicos dos acordos sobre medidas para o crecemento e o emprego en Galicia formalizado o 30 de xullo de 1999. Os criterios serán, en orde decrecente de importancia os establecidos a continuación:

1. Tipoloxía da actuación:

1.1. Para as actuacións financiadas coa aplicación 08.02.743-A.770 serán preferentes en orde decre

cente as tipoloxías seguintes: as de promoción sectorial, as de calidade, as de seguridade e saúde.

1.2. Dentro de cada unha das catro tipoloxías ás que se refire o artigo 1º serán preferentes, de maneira decrecente, segundo a orde de actuacións establecido no artigo 4º.

2. Carácter innovador e calidade técnica do proxecto.

3. Incremento na calidade do producto e sobre o seu valor final.

4. Contribución ó peche do ciclo productivo do seu correspondente sector.

5. Mellora das condicións de seguridade e saúde das explotacións.

6. Mellora ambiental e no aproveitamento dos residuos e a enerxía.

7. Efecto directo sobre o incremento de emprego estable.

8. Incremento da presencia comercial en mercados novos.

Artigo 6º.-Contía das subvencións.

Con carácter xeral e para calquera tipo de actuación, as axudas non poderán supera-lo 30% do custo da actuación subvencionable para o presente ano e o 20% do custo das actuacións que se realicen en anos posteriores. Para as cinco primeiras actuacións do punto 1 do artigo 4º, a subvención poderá acadar un límite máximo do 55%.

Establécese un límite máximo no importe da subvención por empresa ou asociación de empresas de 50 millóns por anualidade.

O importe da subvención ás empresas, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, non poderá supera-lo máximo de intensidade rexional, 40% sobre o investimento subvencionable establecido para cada actividade na presente orde. No caso de axudas a empresas PEME engadirase un 15% adicional ó dito límite, de acordo ás directrices sobre axudas de Estado de finalidade rexional (98/C74/06) en relación co mapa de axudas de finalidade rexional para o período 2000-2006 en España, aprobado pola Comisión /Axuda de Estado nº 773/99). Os ditos límites máximos aplícanse tanto se a axuda provén integramente de fontes nacionais como se foi cofinanciada con fondos comunitarios (punto 4.21 directrices comunitarias sobre axudas de Estado ás pequenas e medianas empresas. DOC 213, do 23-7-1996).

Capítulo II

Procedemento de concesión

Artigo 7º.-Solicitudes e documentación.

O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, ata o día 30 de marzo de 2001.

As solicitudes, que se dirixirán ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou a

través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O modelo de solicitude publicarase como anexo I desta orde, o resto dos modelos necesarios para solicitar ou xustifica-la axuda, anexos II, III e IV, está á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, nas das delegacións provinciais, e no enderezo de Internet http://www.xunta.es/conselle/in.

A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

1. Aquela que acredite a personalidade, natureza e réxime xurídico da entidade solicitante, tendo en conta que:

1.1. Se é unha fundación, asociación ou entidade sen ánimo de lucro deberá achegar copia cotexada da escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, debendo quedar acreditado, se fora o caso, a súa condición de entidade sen ánimo de lucro.

1.2. Se é unha empresa, documentación acreditativa da súa constitución legal, inscrición no correspondente rexistro, domicilio social e dos seus centros de traballo en Galicia, se fora o caso.

2. Copias cotexadas do documento nacional de identidade e do documento público acreditativo do poder con que actúa quen representa a empresa ou entidade solicitante.

3. Copias cotexadas da tarxeta de identificación fiscal NIF/CIF, segundo proceda, e do último recibo do imposto de actividades económicas (IAE).

4. Memoria explicativa do proxecto segundo o modelo que figura no anexo II, que conteña:

4.1. Resumo dos investimentos subvencionables que se realizarán.

4.2. Antecedentes e xustificación do proxecto. Obxectivos que se van acadar. O seu carácter innovador.

4.3. Alcance detallado das diferentes actuacións que o integran. A súa necesidade, cuantificación económica. Contratacións con outras empresas que se deberán realizar.

4.4. Planificación dos traballos no tempo con referencia a cada unha das actuacións que configuran o proxecto (mes de inicio/mes finalización). Distribución das tarefas entre os equipos de traballo ou empresas.

4.5. Relación co actual proceso productivo.

4.6. Efectos esperados sobre:

a) Calidade do producto e o seu valor final.

b) Peche do ciclo productivo do seu correspondente sector.

c) Mellora das condicións de seguridade e saúde dos centros productivos ou explotacións.

d) Mellora ambiental e aproveitamento de residuos e enerxía.

e) Incremento do emprego estable.

f) Incremento da presencia comercial sobre mercados novos ou tradicionais.

No caso de proxectos realizados por asociacións sectoriais a los que se refire o artigo 4º.1 deberanse concretar ademais as empresas directamente beneficiarias da acción.

4.7. Orzamento desagregado do investimento.

5. Declaración expresa segundo o modelo que figura no anexo III contendo a relación doutras axudas solicitadas, obtidas ou que se prevé solicitar para a mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Declaración expresa de estar ó corrente no cumprimento das obrigacións fiscais e coa Seguridade Social e de que non se ten contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

6. Para as empresas suxeitas ós requisitos establecidos no artigo 3º.7. que se refiren ás esixencias de contratación estable de traballadores, presentarase declaración relacionando os traballadores e o seu tipo de contrato (fixo ou temporal) e, se é o caso, os compromisos requiridos no dito artigo.

7. No caso de proxectos realizados por asociacións sectoriais ós que se refire o artigo 4º.1. que se encontran acollidas ó réxime de exención no imposto de valor engadido (IVE), certificado acreditativo desa situación.

Ademais da documentación anteriormente indicada, en caso de que o solicitante o considere necesario, poderase presentar calquera que contribúa a aclara-lo contido e alcance das actuacións que se realizarán.

De toda a documentación, presentarase tres exemplares nas que tódolos documentos que non sexan orixinais estarán cotexados.

Artigo 8º.-Emenda de defectos.

Conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se a solicitude de subvención non reúne os requisitos esixidos nesta orde, o interesado será requirido para que nun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte á recepción do dito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixer, considerarase desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42.1º da mencionada lei.

Artigo 9º.-Valoración dos proxectos.

Revisados os expedientes e completados, se é o caso, os servicios de xestión das distintas unidades tramitadoras deberán emitir para cada solicitude de subvención, como paso previo para proceder á súa valoración, un informe relativo ó cumprimento dos requisitos que establece o artigo 7º para as solicitudes.

Conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma galega, a valoración das solicitudes admitidas a trámite será realizada por unha comisión constituída para o efecto que, seguindo os criterios establecidos no artigo 5º, proporá a contía, aprobación ou denegación das distintas axudas.

A dita comisión estará presidida polo director xeral de Industria ou a persoa en que delegue. Constituirana, ademais, o subdirector xeral de Enerxía e Recursos Minerais, o xefe de servicio de Xestión Mineira, que actuará como secretario, e os catro delegados provinciais da Consellería de Industria e Comercio ou as persoas en que poidan delegar estes últimos.

Artigo 10º.-Resolución.

Á vista do informe emitido pola comisión, o conselleiro de Industria e Comercio ou o delegado provincial, conforme o establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciais ou territoriais da Xunta de Galicia, dictarán a resolución que proceda.

O prazo máximo para dictar e notificarlles ós interesados a resolución expresa será de seis meses contados desde a publicación da presente orde.

O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa lexitima o interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

A resolución de concesión ou denegación será motivada, de acordo cos criterios de outorgamento da norma reguladora, e determinará, polo menos, os conceptos que se subvencionan e o seu importe, a porcentaxe de subvención que lles corresponde dentro dos límites establecidos na orde e o importe de subvención concedida. No caso de subvención plurianual, os ditos contidos estarán determinados para cada unha das anualidades.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario, por escrito, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, coas condicións específicas que recolle esta orde e as que, se é o caso, se inclúan na resolución. En caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o que determina o artigo 42.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As resolucións, expresas ou presuntas, que se dicten ó amparo do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e contra elas caberá interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen oportuno.

Artigo 11º.-Actuacións plurianuais.

No caso de actuacións plurianuais, que excedan o exercicio 2001, poderanse establece-los correspondentes compromisos de anualidade dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade ó prazo de execución do investimento, tendo que aterse ó disposto, para os efectos oportunos, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

Os libramentos correspondentes a estas axudas faranse efectivos con cargo ós créditos consignados para cada exercicio orzamentario Se a materialización ou o pagamento do investimento se anticipase ó calendario establecido na resolución de concesión e non fose posible o reaxuste das anualidades de subvención, o investimento ou pagamento adiantado poderá servir de xustificación para o libramento das anualidades posteriores sempre que se obtivese a conformidade da Consellería de Industria e Comercio a que se refire o artigo 13º da presente orde.

Nos proxectos plurianuais entenderanse que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata a fin de ano, corresponden á anualidade seguinte, e polo tanto poderán presentarse como xustificantes para o cobro desta a dita anualidade.

Artigo 12º.-Xustificación do investimento.

Para o libramento de cada anualidade da subvención, o beneficiario deberá ter realizado as actuacións e xustificado a aplicación dos fondos antes do 15 de novembro do ano que corresponda, as actuacións que fosen obxecto de subvención, para o que deberá presentar, na respectiva delegación provincial ou nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, a través dalgunha das formas consideradas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por triplicado, a seguinte documentación acreditativa:

1. Informe técnico no que se describa a realización do proxecto ou actuación e os datos e incidencias máis significativos habidos na súa execución. Deberá incluír un resumo da execución do orzamento subvencionado no que figuren os distintos conceptos e o importe do investimento subvencionado, o investimento realizado, coa relación de facturas que o xustifican e os pagamentos realizados como consecuencia das ditas facturas (modelo anexo IV).

2. Documentos acreditativos do investimento ou actuacións consistentes nas facturas e documentos xustificativos do pagamento realizado, numerados de maneira que queden referenciados respecto ós indicados no modelo anexo IV.

3. Para todos aqueles investimentos intanxibles deberá presentarse, así mesmo, unha copia de cada un dos estudios, diagnósticos, manuais, plans, etc. que se realizasen ou desenvolvesen, así como unha copia dos certificados que se obtiveran.

4. Xustificante de axudas obtidas ou declaración das solicitadas ou que se prevé obter para o mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais; indicando a súa contía.

5. Certificación expedida pola entidade bancaria de titularidade da conta onde se deba realiza-lo pagamento, na que conste: ordinal bancario, código de banco, código de sucursal e código de conta corrente.

6. Certificados acreditativos de estar ó corrente nas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma e de estar ó corrente no imposto sobre actividades económicas.

7. Documento acreditativo de que se acadan os niveis de estabilidade laboral a que se refire o artigo 3º

8. O beneficiario de calquera subvención plurianual, da que o importe total supere os cinco millóns de pesetas, deberá achegar, ademais, o xustificante acreditativo do depósito na Caixa Xeral de Depósitos, do seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que garanta o importe da anualidade da que o pagamento se estea tramitando, así como os seus correspondentes xuros, xuro legal do diñeiro indicado na Lei de orzamentos do Estado que estea vixente nese momento, por un prazo que deberá acadar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación da última das anualidades da subvención.

Os órganos competentes da Consellería de Industria e Comercio poderán solicita-las aclaracións ou informes ou medios de xustificación a que se refire o artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que consideren convenientes. No caso de que non foran remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale, podería entenderse que renuncia á axuda.

Artigo 13º.-Modificación das resolucións.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da axuda poderá acorda-la modificación da resolución por instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

2.1. Que a actividade, conducta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade da presente orde.

2.2. Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

2.3. Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren ocorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación total ou parcial da axuda ou subvención.

O beneficiario deberá solicita-la dita modificación mediante instancia dirixida ó órgano concedente, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos expresados no punto 2 deste artigo, no prazo de 20 días hábiles antes da data límite de xustificación do investimento da correspondente anualidade.

3. O acto polo que se acorde a modificación da resolución, ou se é o caso, se denegue, dictarase polo órgano concedente, despois da instrucción do correspondente expediente conforme o previsto no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 14º.-Pagamento da subvención.

Conforme o establecido nos artigos 15 e 16 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a percepción da axuda terá lugar unha vez que os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio, tra-la inspección realizada, se é o caso, certificasen que se realizou o investimento que foi obxecto de subvención e o considerado na resolución de concesión. Ademais, o beneficiario deberá presenta-la documentación adicional que lle sexa requirida por estes servicios técnicos, co obxecto de determina-lo alcance do proxecto ou actuacións subvencionables.

No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ó inicialmente previsto, e sempre que iso non supoña unha realización deficiente do proxecto, a axuda reducirase proporcionalmente mantendo constante a porcentaxe de subvención respecto ó investimento.

Artigo 15º.-Reintegro das axudas.

1. Non poderá esixirse o pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora percibidos desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

1.1. Incumprimento da obrigación de xustificación.

1.2. Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

1.3. Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

1.4. Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da axuda ou subvención.

2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima sobre o investimento subvencionable establecido para cada actividade na presente orde.

3. A tramitación do correspondente expediente de reintegro levarase a cabo de acordo co procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para o seu cobro o previsto nos artigos 19 a 23 Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

5. Así mesmo, os beneficiarios encontraranse suxeitos ó réxime de infraccións e sancións que en materia de subvencións establece o capítulo VII do citado Decreto 287/2000.

Artigo 16º.-Renuncia das axudas.

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o establecido nos puntos 3, 4 e 5 do artigo precedente.

Artigo 17º.-Control.

En todo caso, os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que efectúe a Consellería de Industria e Comercio e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como ás que poida efectuar, se é o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciación con fondos europeos. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obrigación de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Normativa aplicable.

Con independencia do disposto na orde, haberá que aterse ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e función pública e actuación administrativa, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 ou da anualidade que corresponda e na Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Industria para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto na presente orde.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio