1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social-Inludes.
2. Obxecto: subministración de pensos para a granxa provincial Gayoso Castro do Inludes.
3. Orzamento: vintetrés millóns oitocentas vintecinco mil (23.825.000 pesetas).
4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2001.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: oficina de Apoio.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro Xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 26, do 1 de febreiro de 2001.
Lugo, 2 de febreiro de 2001.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente
Faustino Martínez Fernández
Secretario