Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.832

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ANUNCIO de contratación de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio de ampliación da rede informática (instalación de enlaces de fibra óptica, con obra de canalización, puntos de rede, armarios e eléctrónica).

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sita en Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, de 12 a 14 horas, ata o 28 de febreiro de 2001 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, de 12 a 14 horas, desde o 12 de febreiro ata o 28 de febreiro de 2001 (incluído) ou no teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2001

Rosa Álvarez de Blas

Directora de xestión e servicios xerais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061