Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO.

De conformidade co acordo da Comisión Municipal de Goberno do 17 de marzo de 1997, de aprobación do prego de condicións económico-administrativas

para a contratación mediante concurso con procedemento aberto da explotación do servicio de café bar dos centros sociais dependentes deste concello, e de acordo da Comisión de Goberno do 22 de xaneiro de 2001, anúnciase a contratación do servicio referido coas características sinaladas a seguir:

Cadro de características do contrato:

1. Obxecto do contrato: contratación mediante concurso da explotación do servicio de café bar do Centro Social de Morás dependente do Concello de Xove.

2. Subvención anual máxima para percibir: 500.000 pesetas

3. Partida: 4.22.

4. Duración do contrato: un ano prorrogable.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Xove, en horario de oficina, durante os 15 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou DOG, segundo proceda.

7. Fianza provisional: 10.000 pesetas.

8. Fianza definitiva: 4% do tipo de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios e periodicidade semestral.

10. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas que poderá obterse nas dependencias municipais en horario de oficina.

Xove, 30 de xaneiro de 2001.

Jesús López González

Alcalde