Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1121/2000).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 1 de decembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o estudio de detalle de reordenación de volumes e modificación de rasante da nova rúa Papón, do Plan parcial do sector A-3 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, promovido por Rafael de la Torre Morales.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia.

Ourense, 20 de decembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente