Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTEDERRAMO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Montederramo (Ourense).

2. Obxecto do contrato: obras do FCL/2000: rede de sumidoiros nas Castiñeiras e acceso e iluminación pública no Muíño, A Fervenza e A Medorra.

3. Lugar de execución: Montederramo.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Tipo de licitación: 9.280.793 pesetas e 7.203.354 pesetas respectivamente.

7. Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4%.

8. Obtención de documentación: Concello de Montederramo. Tf.: 988 29 20 00.

9. Clasificación do contratista: non se require.

10. Presentación de proposicións: nos 13 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 14 horas, de luns a venres, no rexistro xeral do Concello ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente.

11. Documentación para presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados: A, B e C, denominados respectivamente: «Documentación xeral», «Proposición económica» e «Documentación específica para o concurso», que conterán os documentos que se sinalan no prego de condicións particulares.

12. Apertura de proposicións económicas: no Concello de Montederramo, ás 13 horas do 1º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

13. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

ANEXO 1

Modelo de proposición económica

D..., maior de idade, veciño de... con enderezo en... e DNI nº... no seu propio nome (ou na representación de... conforme acredito con poder verificado), sabedor do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a obra de rede de sumidoiros nas Castiñeiras e/ou acceso e iluminación pública no Muíño, A Fervenza e A Medorra, comprometéndose a efectua-la na forma determinada no prego de cláusulas administrativas particulares, no prezo de... (en letra e número).

..., ... de... de 2001.

Montederramo, 1 de febreiro de 2001.

O alcalde

Rubricado