Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión que tivo lugar o trinta de novembro do ano que andamos, aprobou inicialmente o proxecto de estudio de detalle para aliñacións na fase 28A-2 e 28A-3 do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro.

De conformidade co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 19 de decembro de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde