Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (15/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e os estatutos presentados pola Comisión Xestora do polígono G9.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á Xunta de Compensación no prazo dun mes, contado a partir desta notificación, mediante escrito presentado ante a propia Comisión Xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a Comisión Xestora e, no seu nome, a César Pérez Maldonado como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Advertirlle á Comisión Xestora que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá proceder á constitución da Xunta de Compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representación municipal no órgano rector da xunta o xefe de Xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requirir a Comisión Xestora e, no seu nome, a César Pérez Maldonado, para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende á cantidade de catro mil oitocentas trinta (4.830) pesetas, advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresada a devandita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación».

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Conten

cioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes, e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa e, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición; isto é a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2001.

O alcalde

P.D.

Rubricado