Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía, con data do 7 de decembro de 2000, dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da xunta de compensación que se vai constituír para a execución do polígono F6.03 Praza Porticada II do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Serafín Vázquez Costa en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora, e, no seu nome, a César Pérez Maldonado como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña, nº 18, entre as 12 e as 14 horas de luns a venres, durante o prazo

de 20 días a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por convenientes na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 11 de decembro de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda