Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

INFORMACIÓN pública.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, sométese a información pública polo prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do establecido polo artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, durante o que os interesados poderán examina-lo expediente tramitado e formula-las alegacións que coiden oportunas.

Lugar e horas de exposición: Casa do Concello, das nove ás catorce horas en días laborables.

As alegacións deberán formalizarse mediante escrito dirixido ó alcalde-presidente.

Becerreá, 1 de febreiro de 2001.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente