Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a subministración sucesiva de paquetes preventivos para usuarios de drogas por vía parenteral (C-9/2001).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saude, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3.a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: na provincia da Coruña.

b) Natureza, cantidade ou valor dos productos:

-Nº CPA CPV:

-Cantidades: consumo estimado por ano:

289.017 paquetes para o subprograma de intercambio.

289.017 paquetes para o subprograma de facilitación de medios a través de farmacias.

-Orzamento:

-Pesetas: noventa e nove millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas oitenta e dúas pesetas (99.999.882 pesetas).

-Euros: 601.011,40.

c) Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes ou pola totalidade do obxecto do contrato: por lotes.

4. Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2002.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 5-3-2001.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 12-3-2001.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático ala norte) ás 9.30 horas A.M. do quinto día natural, caso de coincidir cun sábado ou un día festivo, celebrarase o seguinte día hábil.

8. Fianzas e garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación:

9. Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo arrendador: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses contados desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas punto 13.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Outras informacións: na dirección e servicio indicados no punto 21.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención de non estar publicado:

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 18-1-2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos