Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO de concurso para contratación, por concurso aberto, dos traballos de consultoría e asistencia para redacción do PXOM e realización de cartografía.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Pontecesures.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización de cartografía 1/1000 Pontecesures. Realización de cartografía 1/2000 núcleos. Redacción Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Estes traballos realizaranse seguindo as directrices establecidas nos correspondentes pregos de prescricións técnicas.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: punto 2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total IVE incluído: 12.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 240.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Pontecesures.

b) Domicilio: avda. de Vigo nº 2.

c) Localidade: Pontecesures CP 36640.

d) Teléfono: 986 55 71 25.

e) Fax: 986 55 75 54.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se precisa.

b) Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, ter relación co obxecto do contrato e dispor

dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 15 días naturais seguintes á última publicación do anuncio da licitación no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: punto 6º do anuncio.

9. Apertura de ofertas.

Data: o día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas (excepto se coincide en sábado trasladándose ó día seguinte hábil), ás 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó establecido no prego de condicións.

Na secretaría do concello estará de manifesto o expediente, que poderá examinarse durante o prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Pontecesures, 31 de xaneiro de 2001.

Manuel Luis Álvarez Angueira

Alcalde