Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.726

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 22 de decembro de 2000, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE nº 313, do 31 de decembro), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, por causas non imputables á Administración, cítase o interesado que figura neste anuncio para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na rúa Comandante Fontantes, 10 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

A Coruña, 22 de decembro de 2000.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

de Galicia

InteresadoNIFProcedementoÓrgano de tramitaciónLugar de comparecencia

José Pascual, S.A.A-11.030.18612 liquidacións xuros de demora (constrinximento)Dependencia Rexional de RecadaciónDependencia Rexional de Recadación

Delegación Especial da AEAT en Galicia

r/ Comandante Fontanes, 10-5º (A Coruña)