Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.726

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 18 de decembro de 2000, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de notificación de providencia de constrinximento (00.1.1.11.005).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.catro da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e intentándose a notificación ó interesado ou o seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a continuación, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo nº 1 de Oviedo.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no boletín oficial da comunidade, de luns a venres, en horario de 9

a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para os efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírtense os interesados de que, de non comparecer no mencionado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 18 de decembro de 2000.

José Mª Menéndez Quintana

Xefe da Dependencia de Recadación de Oviedo

Datos do contribuínte:

10442714R.

Coto Rodríguez, José Saturno.

Lg/ Rebollal del-Lantero, 18, S. Martín Rey.

Concepto/descrición/obx. trib.:

Sanción exp.: 1994/2949. P. Ter. O.P.