Anúnciase concurso público para a adxudicación do servicio de recolla de residuos sólidos urbanos para os concellos de Cambados e Vilanova de Arousa, de acordo cos pregos de cláusulas administrativas
particulares e de prescricións técnicas aprobados ó respecto.
As proposicións poderanse presentar durante o prazo de quince días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP de Pontevedra.
Os devanditos pregos poderán solicitarse na Secretaría da Mancomunidade (Concello de Cambados) e o acto de apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello de Cambados, o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para a presentación das proposicións (de coincidir en sábado, o día hábil seguinte).
O modelo de proposicións figura no prego de cláusulas, e será publicado no BOP de Pontevedra.
Cambados, 8 de xaneiro de 2001.
José M. Cores Tourís
Presidente da Mancomunidade do Salnés