Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do PERI da U.A. 3 Casás (Santo André de Comesaña) (expediente 5195/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 15 de decembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primerio.-Aprobar inicialmente (expediente 5195/411), o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación 3 Casás, no núcleo 07.03 Casás D, presentado pola entidade Construcciones Mopelo, S.L., conforme a documentación refundida, con datas de visado do 2 de agosto de 2000, redactada polo arquitecto Antonio González Suárez-Llanos.

Segundo.-Sométese o expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes mediante publicación de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e notificación individualizada ós propietarios dos terreos afectados».

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de xaneiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo