Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por poxa, de diversas obras de pavimentación de rúas na cidade de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Número de expediente: 13569/240/00.

2. Obxecto do contrato: contratación, por poxa, da execución das seguintes obras definidas nos lotes seguintes:

Lote 1: proxecto de pavimentado da avda. da Florida (desde a praza de América á prolongación da rúa O Porriño), redactado polos servicios técnicos de Vías e Obras.

Lote 2: proxecto de mellora do pavimento do camiño de Fragosiño (desde a estrada de Segade á Ponte Canteira do Monte da Serra), redactado polos servicios técnicos de Vías e Obras.

Lote 3: proxecto de pavimentado da avda. de Samil (desde a praia dos Olmos a Muíños), redactado polos servicios técnicos de Vías e Obras.

Lotes: si (tres).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 1 mes para cada lote, contado a partir da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: lote 1: 19.687.014 pesetas (118.321,33 euros).

Lote 2: 5.511.780 pesetas (33.126,46 euros).

Lote 3: 26.779.760 pesetas (160.949,59 euros).

5. Garantías: dispénsase a súa presentación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo: praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: lotes 1 e 2: non se esixe.

Lote 3: grupo G, subgrupo 4, categoría B.

Outros requisitos: acreditar solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde