Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-390).

Por resolución desta alcaldía 289/2001, con data do 22 de xaneiro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle para as parcelas nº 29, 30, 31, 32, 33 e 34, urbanización A Granxa, en Lorbé-Dexo, tramitado por A. Calvete y Quella Alfeirán Pérez Amigo, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que contará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de xaneiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta