Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2000 pola que se anuncia concurso urxente, de proxecto e obra, para a contratación da redacción do proxecto e a súa conseguinte execución da obra de construcción de 408 nichos e 126 columbarios no cemiterio de Santa Mariña.

1. Entidade adxudicadora.

1. Organismo: Concello de Ourense.

2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, Negociado de Vías.

3. Número de expediente: 1159/2000.

2. Obxecto do contrato.

1. Descrición do obxecto: concurso para a contratación da redacción do proxecto e a súa conseguinte execución da obra de construcción de 408 nichos e 126 columbarios no cemiterio de Santa Mariña.

2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 5 meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

1. Tramitación: urxente.

2. Procedemento: aberto.

3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 104.000.000 de pesetas (625.052,588 euros).

5. Fianzas.

1. Provisional: 2.080.000 pesetas (12.501,051 euros), correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

2. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

1. Entidade: área de infraestructuras, Negociado de Vías.

2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

2. Clasificación do contratista.

Grupo C, subgrupos 1 a 9, categoría f).

Grupo K, subgrupo 5, categoría d).

Grupo I, subgrupo 1, categoría d).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que pareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1, de 9 a 13 horas.

4. Localidade: Ourense.

5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

1. Entidade: Concello de Ourense.

2. Enderezo: praza Maior, 1.

3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 20 de decembro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde