Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión do 25 de xaneiro de 2001, o proxecto de delimitación de polígono do tramo de rúa entre a avda. Francisco González Rei e a confluencia de r/ Pedra da Moa e avda. López Blanco, redactado polo arquitecto Miguel Ángel Calvo Salve, comprendendo tanto o solo incluído no espacio con sistema de execución directa como parte do solo da unidade da actuación UE-3, así como relación de propietarios e bens inmobles afectados, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste edicto no DOG, para efectos de exame nestas oficinas municipais e formulación de alegacións e reclamacións.
Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificadios persoalmente.
Celanova, 26 de xaneiro de 2001.
O alcalde
Rubricado