Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2001 pola que se convoca concurso para a contratación do servicio de mantemento de electrónica de comunicacións da Rede Corporativa da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: contratación do servicio de mantemento de electrónica de comunicacións da Rede Corporativa da Xunta de Galicia.

2. Orzamento de licitación: 32.600.000 pesetas, IVE incluído.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Estudio, S.L. r/ Nova de Abaixo, 19-20 (galerías), Santiago de Compostela, teléfono: 981 59 33 85, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación.

5. Fianza provisional: 652.000 pesetas.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de mantemento de electrónica

de comunicacións da Rede Corporativa da Xunta de Galicia, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, na sala G de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano,), ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó do peche de presentación de proposicións, que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública