Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da obra RC-OUR-00.01.

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

1. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: reforzo de piso na OUR-300 Celanova-Allariz, do p.k. 8+000 ó 11+200. A Bola.

c) Clave: RC-OUR-00.01.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 202, do 18-10-2000 (corrección de erros DOG nº 215, do 7-11-2000).

2. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.556.489 pesetas.

3. Adxudicación.

a) Data: 20-12-2000.

b) Contratista: Aglomerados y Construcciones Valdeorras, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 18.818.337 ptas.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 27 de decembro de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense