Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.707

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Advertido erro por omisión no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 25,

do luns 5 de febreiro de 2001, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 1.461, punto segundo, onde di: «Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I», engadirase: «Igualmente poderán participa-los interesados que non teñan a condición de funcionarios de carreira, polo que neste suposto a súa vinculación se formalizará mediante un contrato de alta dirección tal e como figura na relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais».