Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de decembro de 2000 pola que se lles conceden as axudas económicas a alumnos e profesores de centros docentes que participen en proxectos de mobilidade transnacional no marco do programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci durante o ano 2000.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de outubro de 2000 (DOG do 9 de novembro) convocáronse axudas económicas para centros docentes e centros de formación continuada do profesorado que participen en programas da Unión Europea durante o ano 2000.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo quinto da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.- Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.481.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, tódalas axudas solicitadas e que se relacionan no anexo I.

Segundo.-De acordo co artigo sétimo as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Terceiro.-Obrigas dos beneficiarios.

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

2.1. Memoria.

Os alumnos e profesores beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas polos alumnos e profesores. A memoria enviarase a través do centro e deberá incluí-los seguintes puntos:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

2.2. Xustificación de gastos efectuados.

Relación detallada das facturas e recibos dos gastos realizados no desenvolvemento do proxecto. Xuntarase unha certificación do Consello Escolar do centro, aprobatoria do referido gastos.

Certificación respecto da percepción ou non percepción doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa (DOG do 31 de decembro).

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directa

mente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Centro escolarProvinciaTítulo do proxectoAxuda concedida

TeisPontevedraHairdressing and Beautytherapy in Europe 99302.506 ptas.

TeisPontevedraSPA Placements 99324.120 ptas.

TeisPontevedraAesthetics 99346.981 ptas.

Ribeira do LouroPontevedraNew Business Training in Europe993.491 ptas.

Mestre MateoA CoruñaStonemasonry Skills in Europe789.329 ptas.

Luís SeoanePontevedraCooperation Between Educational.366.159 ptas.

Macías O NamoradoA CoruñaIria-2000299.495 ptas.

Ribeira do LouroPontevedraTraining in Electronic Commerce348.579 ptas.