Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.661

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2001 pola que se designa a data, a hora e o lugar para a celebración do sorteo público ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, cómpre realizar, previamente á convocatoria dos procesos de selección e con validez para todos eles, o sorteo público no que se deteminará a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001, debendo recollerse o resultado do dito sorteo en cada convocatoria.

En consecuencia, resólvese celebra-lo mencionado sorteo en acto público o día 13 de febreiro ás 12 horas na sala B da Consellería da Presidencia e Administación Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública