Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, pola que se notifica a Resolución do 21 de novembro de 2000 recaída no expediente sancionador ICA-OU-19/2000-V, por infracción en materia de viños, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Pazo San José S.L. co DNI 34.196.557-L de acordo co que figura no anexo, a resolución adoptada polo director xeral de Industrias e Alimentación, do 21 de novembro de 2000, no expediente sancionador ICA-OU-19/2000-V, xa que, intentada a notificación por correo certificado e con notificación de recepción resultou devolta.

O importe da sanción farase efectiva por transferencia bancaria á conta de Caixa Nova número 20800260870040071588, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase á súa cobranza pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderase presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

ANEXO

Expediente: ICA-OU-19/2000-V.

Empresa denunciada: Pazo San José, S.L.

CIF/DNI: B-32244527.

Domicilio: Rúa do Progreso 30-2º D.

Infraccións cometidas e precepto infrinxido: dispoñer dunha mercadoría intervida cautelarmente pola inspección constitúe unha infracción ó artigo 5.3º do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria. A infracción cualifícase como grave, segundo o disposto no artigo 7.1.2 do citado R.D. 1945/1983.

Preceptos sancionadores: o artigo 10.1º do mencionado R.D. 1945/1983, dispón que as infraccións ó artigo 7.1º.2 serán sancionadas con multa comprendida entre 100.001 e 2.500.000 pesetas.

Sanción: multa de 370.000 pesetas, resultante de sanciona-la disposición da mercadoría intervida cautelarmente.

O importe da sanción farase efectiva por transferencia bancaria á conta de Caixa Nova nº 208000260870040071588, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderase presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.