Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada, para a contratación da subministración de productos de alimentación, limpeza e aseo para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo e o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumplidos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los seguintes concursos:

1. Entidade adxudicadora: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto da contratación.

* Expediente de subministración de productos alimenticios: carnes, froitas e verduras para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-Orzamento base de licitación: 17.000.000 de pesetas (dezasete millóns de pesetas).

* Expediente de subministración de productos alimenticios: conxelados e peixe fresco para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-Orzamento base de licitación: 19.280.000 pesetas (dezanove millóns duascentas oitenta mil pesetas).

* Expediente de subministración de productos alimenticios: pan e bolos, lácteos-derivados e varios para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-Orzamento base de licitación: 16.370.000 pesetas (dezaseis millóns trescentas setenta mil pesetas).

* Expediente de subministración de material sanitario e material de limpeza e aseo para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo:

-Orzamento base de licitación: 15.078.000 pesetas (quince millóns setenta e oito mil pesetas).

* Expediente de subministración de productos alimenticios para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela:

-Orzamento base de licitación: 18.575.000 pesetas (dezaoito millóns cincocentas setenta e cinco mil pesetas).

* Expediente de subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela:

a) Orzamento base de licitación: 8.547.000 pesetas (oito millóns cincocentas corenta e sete mil pesetas).

Prazo de entrega: entregas parciais desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán ser examinados na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra (avenida de Vigo 16, 36080 Pontevedra) ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n, 36202 Vigo) teléfono: 986 81 72 00, fax: 986 81 72 01), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 horas ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse na propia Residencia Asistida da Terceira Idade (Monte Areeiro s/n-Bembrive) e no Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela (Bº Parada 87 Cha

pela-Redondela). Páxina web: www.sergas.es. Correo electrónico: María Eugenia Costas Davila/SA/Xunta*Xunta.

6. Requisitos específicos do contratista: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 e 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo, con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas á subministración.

8. Apertura das proposicións: realizaraa mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos do anuncio: serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 24 de xaneiro de 2001.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra