Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Piñeira-Vilaselán (Ribade-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 104/1996, do 29 de febreiro, o seguinte:
Primeiro.-Con data do 26-12-2000, o director xeral de estructuras e desenvolvemento rural, aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeira-Vilaselán (Ribadeo-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Ribadeo e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.
Terceiro.-No prazo de trinta días cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras Rurais (Ronda Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e
do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).
Lugo, 4 de xaneiro de 2001.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Estructuras Rurais
Visto e Prace
José R. Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo