Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.584

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (BIC GALICIA)

ANUNCIO público de convocatoria de praza.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, convócase un proceso de selección de persoal para cubrir, baixo a modalidade de contratación laboral ordinaria por tempo indefinido, de acordo coa lexislación vixente, unha praza de técnico/a de desenvolvemento. O lugar de traballo será Santiago de Compostela, con posibi

lidade de desprazamentos a outros puntos da xeografía galega.

1. Titulación e requisitos.

Os/as aspirantes que desexen participar no proceso selectivo, ademais de teren a nacionalidade dun país membro da Unión Europea, deberán reuni-lo seguinte perfil: diplomado en ciencias empresariais; formación específica na creación de empresas, plans de empresa, plans de viabilidade, plans económicos e financeiros, e contabilidade; experiencia de máis de dous anos en asesoría e consultoría de empresas; experiencia de máis de dous anos no asesoramento a emprendedores; experiencia en posto similar; capacitación como formador/a de formadores; experiencia dilatada en formación na creación e xestión de empresas; experiencia no traballo por conta propia; amplos coñecementos de aplicacións informáticas de oficina: Microsoft Office, Microsoft Project, Internet e correo electrónico, programas de contabilidade e facturación; experiencia en presentacións, conferencias e seminarios; capacidade de motivación e xestión de grupos; carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo.

2. Documentación necesaria, lugar e prazo de presentación de solicitudes.

Os/as candidatos/as enviarán por correo fotocopia do DNI, currículum vitae e fotocopia da documentación acreditativa de que se reúne o perfil descrito máis arriba, titulación e méritos que se alegan (oportunamente poderá ser solicitada a presentación da documentación orixinal para a súa comprobación), ó director xeral de Bic Galicia ó enderezo da empresa, barrio de San Lázaro, s/n, edificio administrativo Igape, 3º, apartado de correos nº 2174, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 68 23, fax 981 54 68 32. Prazo de presentación de solicitudes: 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3. Proceso de selección.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, unha comisión de selección designada para tal efecto realizará unha avaliación obxectiva dos méritos dos/as candidatos/as. Aqueles/as candidatos/as que non superen un 50% do valor máximo alcanzable por méritos, quedarán excluídos do proceso de selección, que rematará cunha entrevista persoal ós/ás candidatos/as que superen a fase de avaliación de méritos, para o que lles será notificado o lugar e a data por teléfono ou por correo. Así mesmo, comunicaránselles por teléfono ou por correo ós/ás candidatos/as as puntuacións obtidas na avaliación de méritos e, de se-lo caso, trala entrevista persoal.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2001.

Santiago González-Babé Ozores

Director xeral do Centro Europeo de Empresas

e Innovación de Galicia, S.A. (BIC Galicia)