Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.584

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

ANUNCIO de asemblea xeral ordinaria.

O Consello de Administración de Caixanova, na súa sesión do 25 de xaneiro de 2001, de conformidade co previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria. A reunión terá lugar o xoves, día 22 de febreiro de 2001, na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova, sito na rúa Policarpo Sanz nº 13, da cidade de Vigo, ás dezaoito horas en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segunda convocatoria, de acordo coa seguinte orde do día:

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quorum e constitución válida da asemblea.

2. Aprobación, se é o caso, da xestión do consello, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación de excedentes. Informe da comisión de control a este respecto.

3. Aprobación, se é o caso, das liñas xerais do plan de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento de Obra Social 2000 e orzamento para 2001.

5. Informe da comisión de control sobre a súa actuación no 2000.

6. Modificación estatutaria.

7. Lectura e aprobación, se procede, da acta pola asemblea.

Prégase ós conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de maneira que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 5 de febreiro de 2001.

Os co-presidentes

(Ramón Cornejo Molíns)

(Manuel Bermúdez Couso)

(Manuel Campos Villarino)