Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da asistencia técnica para a creación dunha oficina municipal xestora das actuacións derivadas do convenio entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, para a execución de diversas estradas no termo municipal de Vigo.

1. Entidad adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Dependencia: Servicios Centrais da Xerencia.

c) Expediente: 892/400.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: asistencia técnica para a acreación, posta en marcha e desenvolvemento dunha oficina municipal xestora das actuacións derivadas do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, para a execución de diversas estradas no termo municipal de Vigo.

b) Prazo do contrato: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 75.520.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 1.510.400 pesetas.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Enderezo: praza do Rei s/n (fronte á casa do concello).

c) Localidade e código postal: Vigo, 36202.

d) Teléfono: 986 81 03 46.

e) Fax: 986 22 01 27.

f) Data límite para solicitar documentación e información: 12-3-2001.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2000.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 12-3-2001.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 16 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: véxase punto 6 deste anuncio.

d) Praza da obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 14-3-2001 (10 horas A.M.).

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 18 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Presidente