Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO de reparcelación voluntaria.

Presentada por Ramón Rey Sánchez, en nome e representación propia e dos demais propietarios afectados, a proposta, formalizada en escritura pública, da reparcelación voluntaria dunha área incluída no PERI aprobado definitivamente polo Pleno desta Corporación o 26 de abril de 1999 (terreos comprendidos entre a rúa Gaiteiros Os Garceiras, Campo da Feira do Gando e o Camiño de Santiago), xunto coa demais documentación necesaria, de acordo co establecido no artigo 103 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e demais normativa aplicable, sométese a información pública durante vinte días, contados desde o seguinte hábil ó de publi

cación deste anuncio no DOG, para os efectos legais oportunos.

Melide, 12 de xaneiro de 2001.

Miguel Pampín Rúa

Alcalde