Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUROL

ANUNCIO.

Consonte o preceptuado no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 27 de decembro de 2000, tomou coñecemento do avance do Plan xeral de ordenación municipal de Ourol. Ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, que se contará a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as entidades e os particulares poderán face-las suxestións que consideren oportunas e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Ourol, 12 de xaneiro de 2001.

Guillermo Salgueiro Abad

Alcalde