Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, por delegación do alcalde, na sesión do día dezanove de xaneiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º Aprobar inicialmente o plan parcial dun sector do solo apto para urbanizar (SAUZ-12) en Lendo-A Laracha, promovido por Siderúrgica Añón, S.A. redactado polo Grupo Taller de Arquitectos e Urbanistas, S.A. A Coruña.

2º Suspende-lo outorgamento de licencias na área delimitada do Plan parcial para actividades de parcelacións de terreos, edificacións e demolicións.

E de conformidade co disposto no artigo 42.1º, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública por prazo dun mes, co fin de que se poida examinar a presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Lugar de exposición do expediente: Oficina Técnica (2ª planta casa do concello).

Horario: 10 a 15 horas.

A Laracha, 22 de xaneiro de 2001.

José Manuel López Varela

Alcalde