Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Aprobadas pola Comisión de Goberno na sesión de tres de xaneiro de dous mil un as bases que rexerán na oposición a unha praza de policía local, transcríbense seguidamente, para os efectos oportunos:

1. Obxecto da convocatoria.-O obxecto desta convocatoria é a provisión en propiedade dunha praza de policía local, incluída no cadro de persoal do concello, dentro da escala de Administración especial-subescala de servicios especiais. Clase: policía local, grupo D, dotada cos haberes correspondentes ó devandito grupo e demais complementarias fixadas pola propia corporación. Incluída na oferta de emprego de 2000.

2. Requisitos dos aspirantes.-Para poderen tomar parte na oposición, os aspirantes deben reuni-los requisitos seguintes, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español, de acordo coa lexislación vixente.

b) Ter cumpridos 18 anos e non exceder de 30.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar ou de formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que lle impida a realización das funcións da praza ou resultasen incompatibles con ela.

e) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba de oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

f) Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas nin separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

g) Ter unha estatuta mínima de 1,70 metros os aspirantes masculinos e de 1,65 metros as aspirantes femininas.

h) Estar en posesión do permiso de conducir das clases A ou antigo A-2 e B (coa autorización especial prevista no artigo 7.3º do Regulamento xeral de conductores) ou antigo B-2.

3. Solicitudes.

3.1. O que desexe tomar parte na presente oposición deberá presentar instancia na que manifeste que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2ª e comprometéndose, no caso de obte-la praza, a prestar xuramento ou promesa, conforme

o R.D. 701/1979, do 5 de abril, así como a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas.

3.2. As solicitudes dirixiranxe ó alcalde-presidente da Corporación e presentaranse no rexistro xeral do concello no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no BOE.

3.3. As instancias tamén se poderán presentar na forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.4. Os dereitos de participación no proceso selectivo serán de 2.000 pesetas, que se deberán ingresar na Tesourería Municipal, directamente ou mediante xiro postal, ingreso en conta bancaria, etc. O xustificante do ingreso deberase unir á instancia presentada.

Á solicitude achegaranse os documentos seguintes:

-Fotocopia do DNI.

-Fotocopia dos carnés de conducir esixidos na base 2ª h) ou compromiso de telo na data a que se alude, así mesmo, na devandita base 2ª h).

-O certificado médico previsto na base 2ª e).

-Compromiso de aceptación de todo canto establecen as presentes bases.

4. Admisión dos aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía-Presidencia dictará resolución no prazo de 15 días na que aprobará a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, concedendo un prazo de 10 días, conforme o artigo 71 da Lei 30/1992, para a presentación de reclamacións, contados desde a publicación no BOP.

Transcorrido o prazo de presentación de reclamacións, a Alcaldía-Presidencia dictará resolución na que aprobará a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e na que se nomearán os membros do tribunal cualificador, determinando, así mesmo, o lugar, a data e a hora do comezo do proceso selectivo.

A resolución publicarase no BOP e os sucesivos anuncios no taboleiro de edictos do concello.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

* Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

* Secretario (con voz e sen voto): o secretario do concello ou funcionario en quen delegue.

* Vocais:

-Un representante da Xunta de Galicia por proposta da Academia Galega de Seguridade.

-Un funcionario de carreira designado pola Alcaldía.

-O delegado persoal funcionario do concello.

-O concelleiro delegado de Tráfico.

5.2. Por cada membro do tribunal nomearase un suplente.

5.3. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. Antes de proceder á cualificación de cada un dos exercicios, establecerá as súas propias regras de funcionamento.

5.4. O nomeamento dos membros do tribunal farase por resolución da Alcaldía, por proposta dos órganos correspondentes.

5.5. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran algunha das causas previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 ou no suposto previsto no artigo 13.2º do R.D. 364/1995, do 10 de marzo, podendo se recusados polos aspirantes neses supostos.

5.6. O alcalde poderá nomear previamente asesores do tribunal, con voz e sen voto, sempre que se consideren necesarios para a adecuada cualificación dalgunha proba.

5.7. Os integrantes do tribunal terán dereito ó aboamento de asistencias, de conformidade co previsto no R.D. 236/1988 e na Resolución do 22 de marzo de 1993. Para estes efectos, o tribunal cualificador terá a categoría cuarta.

6. Sistema de selección.

6.1. A selección dos aspirantes farase polo sistema de oposición libre e constará de dúas fases: probas selectivas e cursos de formación na Academia Galega de Seguridade polo prazo de tempo que determine con carácter xeral a devandita academia.

Con carácter previo ó comezo das probas, realizarase un control de estatura e un recoñecemento médico.

6.2. Probas selectivas: constarán dos seguintes exercicios, todos eles obrigatorios e eliminatorios.

Primeiro exercicio: consistirá nunha proba psicotécnica que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e adecuación á función de policía.

Segundo exercicio: consistirá nas seguintes probas físicas:

a) Salto de altura con listón a 1,35 metros, os aspirantes masculinos e a 1,20 metros as aspirantes femininas.

b) Salto de lonxitude con carreira, cun mínimo de 4 m para os aspirantes masculinos e 3,5 m para as aspirantes femininas.

c) Subir unha corda lisa de 7 m de alto.

d) Carreira de 100 metros, nun tempo máximo de 15 segundos para os aspirantes masculinos e 18 para as aspirantes femininas.

e) Carreira de 3.300 metros, nun tempo máximo de 15 minutos para os aspirantes masculinos e 17 para as aspirantes femininas.

f) Facer 20 flexións de brazos en posición de decúbito por un tempo de 60 segundos.

Para as probas das alíneas a), b), c) e d) disporán os aspirantes de 2 intentos.

Para a realización destas probas, que serán realizadas na orde en que dispoña o tribunal, os aspirantes deberán vir provistos de roupa deportiva adecuada.

Terceiro exercicio: consistirá en contestar, por escrito e durante o prazo de 60 minutos, dous temas sacados a sorte dentro dos do programa do anexo I destas bases, un deles referido á parte xeral e outro á parte especial.

Cuarto exercicio: por escrito, terá dúas partes: a primeira consistirá na realización dun ou varios supostos prácticos (atestado, parte ou documento referente a problemas de circulación rodada e outra materia relacionada co cargo) no tempo que o tribunal determine en cada caso; a segunda consistirá na exposición dun tema de actualidade proposto polo tribunal, no tempo que este determine.

Quinto exercicio: por escrito, consistirá na traducción de dous textos: un, do galego para o castelán; outro, do castelán para o galego, textos que serán propostos polo tribunal.

A actuación dos aspirantes farase por orde alfabética, comezando coa letra resultante no sorteo que se celebrará previamente.

Entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte deberán transcorrer polo menos 48 horas e non máis de 20 días.

7. Cualificación.

O primeiro e segundo exercicio cualificaranse como apto ou non apto. No segundo exercicio serán declarados non aptos os aspirantes que non superen calquera das probas que o compoñer.

Cada membro do tribunal cualificará de 0 a 10 puntos os exercicios terceiro, cuarto e quinto, separadamente. As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e dividindo o total polo número deles, sendo o cociente a cualificación definitiva. Para poder supera-lo exercicio, precísanse 5 puntos de nota media.

Rematada a práctica de cada exercicio e despois da cualificación, o tribunal publicará no taboleiro de anuncios da consistorial a lista dos opositores que realizaron o exercicio coa cualificación ou puntuación obtida por cada un, con indicación dos que pasen ó seguinte exercicio e dos que queden eliminados.

A orde de cualificación definitiva estará determinada pola suma de puntuacións dos exercicios terceiro, cuarto e quinto. No caso de empate, resolverase con outro exercicio proposto polo tribunal e sobre materia relacionada coas funcións da praza.

A relación de aprobados e proposta de nomeamento, un só, que será o de maior puntuación, será elevada polo tribunal á Alcaldía, xuntamente coa acta da última sesión que celebren.

8. Presentación de documentos.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, no prazo de 20 días seguintes ó da notificación da proposta de nomeamento, a documentación acreditativa de cumpli-los requisitos esixidos na convocatoria.

Se tivese a condición de funcionario público estará exento de xustifica-los requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar, unicamente, certificación do ministerio ou organismo do que dependa acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente.

Se dentro do prazo indicado, salvo caso de forza maior, non presentase a documentación aludida, non poderá ser nomeado e quedará anulada toda a súa actuación, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidese incorrer por falsidade na instancia.

Neste suposto, a Alcaldía, á vista da relación de aprobados, requirirá ó seguinte pola orde de puntuación, sempre que figure nela.

9. Nomeamento de funcionario de carreira.-Unha vez presentada a documentación, de ser conforme esta coa base 2ª da convocatoria, o aspirante proposto será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente corresponden á dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira. Se non supera este curso en dúas convocatorias consecutivas como máximo, perderá tódolos seus dereitos para ser nomeado funcionario de carreira.

10. Incidencias.

A convocatoria, as bases e cantos actos administrativos deriven desta e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados, nos casos, termos e formas previstos pola Lei 30/1992.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde desta oposición. No non previsto nestas bases, rexerán como supletorias a Lei 7/1985, o Real decreto lexislativo 781/1986, o R.D. 364/1989, a Lei de coordinación das policías locais de Galicia 3/1992, do 3 de marzo, o Decreto 121/1995, do 20 de abril, polo que se aproban os criterios básicos de selección, formación, promoción

e mobilidade dos membros das policías locais e demais normas concordantes.

Celanova, 4 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado

ANEXO I

PARTE XERAL

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais da persoa na Constitución de 1978.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 4. O Goberno e a Administración pública. Organización territorial do Estado.

Tema 5. O poder xudicial. O tribunal constitucional. Reforma da Constitución.

Tema 6. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura. Institucións autonómicas.

Tema 7. A Administración local. Competencias municipais. Órganos municipais: atribucións, estatutos dos seus membros.

Tema 8. A función pública local. Dereitos e deberes. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 9. A Lei orgánica e forzas e corpos de seguridade do Estado. Disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. Especial consideración do título V das policías locais.

Tema 10. Principios básicos do dereito penal. Delictos e faltas. Persoas responsables criminalmente.

PARTE ESPECIAL

Tema 11. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario. Normas básicas de estructura, organización e actuación das policías locais.

Tema 12. O atestado policial. A detención. O depósito de detidos. A asistencia letrada ó detido. O hábeas corpus.

Tema 13. A policía local e as relacións humanas. Soportes éticos. Normas de actuación.

Tema 14. A Lei de seguridade vial. Obxecto e ámbito de aplicación. Circulación urbana.

Tema 15. Infraccións en materia de tráfico e seguridade da circulación vial. Procedemento sancionador.

Tema 16. Organismos oficiais que interveñen en materia de circulación. Facultades municipais en materia de circulación.

Tema 17. Normas xerais de circulación. Sinalización. Parada e estacionamento. Carga e descarga.

Tema 18. As ordenanzas municipais. Bandos da Alcaldía.

Tema 19. A policía local e o urbanismo. A policía local e as funcións de sanidade e abastecemento. Referencia ás licencias de apertura de establecementos. A policía local e os bens e instalacións municipais.

Tema 20. A protección civil. Dereitos e obrigacións en materia de protección civil. As funcións dos municipios e da policía local.

Tema 21. Breve descrición do termo municipal de Celanova. Principais lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico.