Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Por así telo acordado a Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 19 de xaneiro de 2001, e co obxecto de dar cumprimento ó disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións publicas.

Anúnciase concurso, por procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para adxudica-la obra denominada: edificio para recinto multiusos e mercado de Arzúa: estructura, cubrición e cerramentos 2ª fase.

1. Obxecto do contrato.-A contratación da referida fase da devantita obra, por un orzamento de execución por contrata de74.000.000 de pesetas, utilizando para iso o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, que rexerá para a contratación de obras mediante concurso con procedemento aberto, aprobado pola Comisión de Goberno na sesión do día 22 de setembro de 2000; (que se publicou no BOP nº 198, do 29 de agosto de 2000); o cal se considerará como parte íntegra do expediente e do contrato que se formalice.

2. Duración do contrato.-A fase obxecto de contratación deberá estar executada antes do día 28 de setembro de 2001, e débense inicia-las obras do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tipo de licitación.-74.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Gastos e honorarios do técnico director da obra.-Serán por conta do contratista, de maneira que o importe resultante por este concepto será obxecto de retención nos pagamentos que se efectúen ó contratista adxudicatario, para facelos efectivos o técnico director.

5. Revisión de prezos.-Atendendo a natureza desta obra, non procederá en ningún caso a revisión de prezos do contrato e, polo tanto, non se aplicará ningunha fórmula de revisión de prezos.

6. Pagamento.-O pagamento do prezo de adxudicación verificarase contra certificación de obra, -acompañada da súa relación valorada-, expedida polo técnico director das obras, logo da súa aprobación pola Comisión de Goberno do concello.

7. Publicidade do prego.-Estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, e poderase obter copia.

8. Garantía definitiva.-Será requisito previo e necesario para a formalización do contrato, e consistirá no 4% do prezo de adxudicación.

9. Solvencia económica e financeira.-Acreditarase por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica.-Acreditarase mediante a relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, coa achega de certificados de boa execución para as máis importantes.

11. Presentación de proposicións.-No rexistro xeral do concello, durante os trece días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece, e nos tres sobres cerrados a que se refire a cláusula 14 do referido prego-tipo, conforme proceda.

12. Apertura de plicas.-Terá lugar no salón de sesións da casa do concello, ás trece horas do seguinte día hábil a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións, ante a mesa de contratación, que previamente cualificará a documentación presentada.

13. Criterios para a adxudicación do concurso.-Serán os seguintes:

a) Oferta de control interno de calidade: ata 5 puntos.

b) Reducción de prazos na execución da obra: ata 4 puntos.

c) Oferta económica: ata 1 punto.

14. Modelo de proposición económica.-O recollido na cláusula 14 do referido prego tipo de cláusulas administrativas particulares, para a súa inclusión dentro do sobre A.

Arzúa, vinteún de xaneiro de dous mil un.

Manuel Moscoso López

Alcalde