Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.553

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001 pola que se convoca concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios.

Segundo establece o artigo 27 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, o concurso, constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo na Administración.

Existen actualmente na relacións de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referente ó persoal de corpos e escalas baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, postos de traballo vacantes para seren desempeñados por funcionarios pertencente ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, sendo a súa provisión necesaria para o bo funcionamento dos servicios.

Pola súa vez, a base novena da Resolución do 23 de xullo de 1997 pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saú

de, materializa o mandado contido na disposición transitoria quinta da Lei 17/1989, do 23 de outubro, obrigando os aspirantes seleccionados no dito proceso a ter que participar no concurso de traslados que se convoque con posterioridade ó seu ingreso, atendendo á orde de puntuación final que obtivesen no devandito concurso-oposición. Engadindo que, en todo caso, tanto na adxudicación provisional como no concurso de traslados terán preferencia para cubri-las vacantes os aspirantes seleccionados que accedan polo sistema de promoción interna.

Por todo isto, este centro directivo, en uso das competencias que ten delegadas polo Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, e a orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, en relación co punto 8.a) do artigo 15 da Lei 4/1988, logo de negociación coa representación do persoal na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario, acorda convoca-lo presente concurso de méritos para a provisión dos postos de traballo vacantes, de conformidade coas seguintes

BASES:

Primeira.-A presente convocatoria ten por obxecto a provisión, con carácter definitivo, dos postos de traballo vacantes que figuran como anexo I da presente resolución. Esta provisión, que constará de dúas fases, realizarase de acordo co contido das presentes bases. Os concursantes só poderán participar nunha das dúas fases.

I. Primeira fase

Segunda.-Requisitos de participación.

1. Só poderá participar nesta fase do presente concurso o persoal funcionario baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, que na data da convocatoria reúna os requisitos esixidos para desempeña-los postos ós que se opta conforme o especificado en cada caso no anexo I da presente convocatoria, agás aqueles que leven menos de dous anos desempeñando un posto definitivo obtido por concurso, e que pertenzan ás clases seguintes:

Grupo A: inspectores médicos, inspectores farmacéuticos.

Grupo B: subinspectores sanitarios.

2. Están obrigados a participar nesta fase do concurso, os funcionarios das devanditas clases, agás os de novo ingreso, que se atopen nas seguintes situacións administrativas:

a) Servicio activo con destino provisional nun posto de traballo, e reúnan os requisitos esixibles na presente convocatoria e anexos correspondentes, debendo solicitar tódolos postos de traballo ós que poidan acceder, de conformidade co establecido no artigo 4 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, en relación co artigo 58 da Lei 4/1988, de 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril. No suposto de incumprimento do anterior serán declarados de oficio en situación de excedencia voluntaria.

b) Excedentes forzosos.

Os concursantes forzosos teñen a obriga de solicitar, por orde de preferencia, tódolos postos de traballo ós que poidan acceder pertencentes ó seu corpo, escala e clase, e que se inclúen no presente concurso.

Aqueles concursantes forzosos que incumpran total ou parcialmente esta obriga serán declarados de oficio na situación de excedencia voluntaria.

3. Non poderán participar nesta fase do concurso:

a) Os funcionarios de novo ingreso, é dicir, os que accederón á dita condición por medio do proceso selectivo convocado pola Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), modificada pola Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

b) Os funcionarios de novo ingreso incluídos no punto anterior que fosen declarados excedentes voluntarios conforme o artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

4. Igualmente, poderán participar nesta fase da convocatoria e optar a postos reservados ó grupo A, o persoal da Administración da Seguridade Social pertencentes á escala de inspectores médicos do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Pre

visión, inspectores médicos do corpo especial do Instituto Social da Mariña, e escala de farmacéuticos inspectores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión.

Poderán participar nesta fase da convocatoria e optar a postos reservados ó grupo B, o persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de ATS/Visitadores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión.

5. Os concursantes deberán indicar, por orde de prelación, as vacantes polas que opten que se inclúen como anexo I desta resolución.

6. Así mesmo, os funcionarios que o desexen poderán solicita-los postos de traballo que poidesen resultar vacantes a consecuencia da resolución desta primeira fase do presente concurso, especificando a súa preferencia de acordo cos seguintes datos:

-Localidade (só poderá solicitarse para unha única localidade).

-Nivel do posto de traballo ó que se opte (especificando o nivel mínimo que se solicita).

Estes postos de traballo unicamente podrán ser adxudicados no caso de que o titular que os desenvolva con carácter definitivo obteña outro no concurso de traslados. Consecuentemente, se o citado titular non participa nel ou, participando, non obtén destino, entenderase que o dito posto non foi convocado.

Os postos resultantes adxudicaranse de acordo coas puntuacións obtidas, de conformidade co baremo que rexe neste concurso.

Os erros de feito que puidesen advertirse poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición da parte interesada, e serán apreciados libremente por parte da comisión de valoración á que se fai referencia na base sexta.

Terceira.-Solicitudes.

1. Os concursantes axustaranse ó modelo de instancia que se publica no anexo II da presente resolución. As instancias irán dirixidas á División de Recursos Humanos do Sergas, edificio administrativo de San Lázaro, s/n de Santiago de Compostela, e poderanse presentar no rexistro de calquera dos servicios centrais ou periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas, ou nos lugares e do xeito que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2. No prazo de presentación de instancias, os concursantes poderán retirar ou modifica-las súas solicitudes mediante nova instancia que anulará totalmente as precedentes. Transcorrido o dito prazo, non se admitirán nin a modificación de solicitudes nin a retirada do concurso, tendo en consecuencia a dita solicitude carácter vinculante para o peti

cionario, e os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que se obteña outro destino mediante convocatoria pública antes de finaliza-lo prazo de toma de posesión.

Cuarta.-Documentación.

1. Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

2. Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se xuntará coa instancia que se presente, segundo o modelo que figura como anexo III da presente resolución. Ó certificado deberase xuntar as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, e que deberán ser presentadas cotexadas fidedignamente, significando que non se valorarán aqueles méritos que para a comisión de valoración non estivesen suficientemente acreditados.

Estas certificacións serán expedidas polas unidades seguintes, de acordo co destino definitivo de cada funcionario:

-Servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou do Sergas: Subdirección Xeral de Xestión e Ordenación de Recursos Humanos da División de Recursos Humanos do Sergas.

-Servicios periféricos: secretarios das direccións provinciais do Sergas, de acordo as unidades onde veñan prestando servicios os solicitantes.

No suposto de que se trate dalgún funcionario que non preste servicios na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou no Sergas, tal certificación será expedida pola unidade administrativa responsable da xestión de persoal da Administración de pertenza do funcionario.

3. Serán desestimadas, logo de audiencia ó interesado, as solicitudes que conteñan algunha emenda, riscadura ou raspadura, tanto na instancia como en calquera documentación, que non se encontren salvadas baixo sinatura.

Quinta.-A valoración de méritos alegados polos concursantes para a adxudicación de postos de traballo será efectuada, conforme o baremo que figura como anexo IV da presente resolución, de forma que a prioridade para a adxudicación de postos de traballo estará determinada pola puntuación total obtida por aplicación do mencionado baremo.

En caso de empate na puntuación final, acudirase, para dirimilo, á maior puntuación obtida en cada epígrafe do baremo pola súa orde e, se este continúa, á maior idade.

Sexta.-Comisión de valoración.

A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada por unha comisión de valo

ración cunha composición e funcionamento que se axustará ó disposto no artigo 12 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, coa única especialidade de que a referencia que o dito artigo fai á Mesa Xeral de Negociación debe entenderse feita á Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario.

Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, e os seus membros serán nomeados polo órgano convocante.

Os acordos da comisión de valoración terán o carácter de vinculantes para o órgano encargado da resolución do concurso, e adoptaranse por maioria dos seus membros.

Sétima.-Resolución provisional da primeira fase do concurso.

Elevada proposta pola comisión de valoración para a adxudicación dos destinos, a División de Recursos Humanos do Sergas dictará a resolución provisional do concurso de traslados, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Contra ela poderase formular reclamación perante o dito órgano no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da dita resolución provisional.

A estimación ou, se é o caso, desestimación das reclamacións que se presenten, entenderase implícita na resolución definitiva do concurso.

Oitava.-Resolución definitiva da primeira fase do concurso.

Examinadas e resoltas pola comisión de valoración as reclamacións, se é o caso, presentadas, procederase a elevar proposta definitiva de resolución da primeira fase do concurso ó órgano convocante que procederá á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e na que figurarán os destinos adxudicados a cada un dos participantes.

Novena.-Os prazos de cesamento no actual destino e de toma de posesión nos destinos adxudicados na primeira fase do concurso, que serán os establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, pola que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, serán anunciados mediante a resolución á que se fai referencia no punto catro da base décima da presente resolución.

En todo caso, a toma de posesión dos postos de traballo adxudicados como consecuencia da primeira fase do concurso, non se producirá mentres non sexan adxudicados os postos de traballo ós funcionarios de novo ingreso seleccionados mediante o concurso-oposición convocado pola Resolución do 23 de xullo de 1997, na segunda fase deste concurso.

II. Segunda fase

Décima.

1. Unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva da primeira fase do concurso, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego

de Saúde dictará resolución que se publicará no dito diario oficial, mediante a que se dará a oportuna publicidade ós postos vacantes que se ofertarán nesta fase da convocatoria, e citarase a tódolos aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), modificada pola Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), para que en único chamamento e acto, elixan obrigatoriamente destino definitivo entre os que se indiquen na citada resolución, pola orde de puntuación final do dito concurso-oposición na clase correspondente, con preferencia a favor dos aspirantes que, de se-lo caso, accederan pola quenda de promoción interna.

2. A solicitude será vinculante e irrenunciable. Os aspirantes irán provistos de documento nacional de identidade ou doutro documento que acredite de modo fidedigno a personalidade no dito acto.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder notarial suficiente.

3. Malia o disposto nos parágrafos anteriores, non estarán obrigados a elixir destino definitivo nesta fase do concurso os funcionarios de novo ingreso que se encontren desempeñando un posto de traballo de libre designación a través da correspondente convocatoria pública, nin os que, sendo tamén de novo ingreso, se atopen na situación de excedencia voluntaria prevista no artigo 55.1º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril.

4. A correspondente resolución cos destinos definitivos da segunda fase do concurso será publicada no Diario Oficial de Galicia, indicando nela os prazos de cesamento no actual destino, independentemente da Administración onde se atope o concursante, se é o caso, e toma de posesión, tanto dos funcionarios ós que se lles adxudicou un novo posto no concurso de traslados, como dos funcionarios de novo ingreso.

III. Efectos derivados do concurso

Décimo primeira.

1. Os destinos adxudicados en ámbalas dúas fases do concurso serán irrenunciables, agás que, con anterioridade ó remate do prazo de toma de posesión, se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito, nos tres días seguintes, a opción realizada á División de Recursos Humanos do Sergas.

2. O funcionario ó que por algún dos sistemas previstos na presente resolución se lle adxudique destino e non tome posesión dentro do prazo posesorio que para o efecto se estableza perderá os seus

dereitos, pasando á situación administrativa que lle corresponda no seu corpo, escala e clase, con excepción daqueles que, no acto de toma de posesión soliciten e lles corresponda o paso a outra situación administrativa.

3. Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios e, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización ningunha.

Décimo segunda.

1. O persoal interino que non superase o concurso-oposición convocado pola Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 145, do 31 de xullo), modificada pola Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), ó que lle sexa de aplicación o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 17/1989, do 23 de outubro, seralle adxudicado un posto de traballo dos que queden vacantes entre os que se ofertasen no concurso de traslados ou con posterioridade a este, logo da adxudicación dos destinos definitivos ós funcionarios nas dúas fases do concurso. A dita adxudicación será efectuada pola División de Recursos Humanos do Sergas en atención á maior antigüidade na prestación de servicios en postos de traballo da clase correspondente.

2. O resto do persoal interino ó que non lle sexa de aplicación o disposto na dita disposición transitoria segunda da Lei 17/1989, cesará automaticamente nos postos de traballo que viñesen desempeñando cando se incorporen a eles os funcionarios de carreira que obtivesen destino definitivo en ámbalas dúas fases do concurso, ou o persoal interino o que se refire o punto anterior.

Décimo terceira.-No non previsto nas presentes bases, aplicarase o disposto con carácter xeral no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Décimo cuarta.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou se poderá impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Rercursos

Humanos do Sergas

ANEXO IV

Valoración de méritos

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

I. Grao persoal consolidado:

Polo nivel 16 de grao consolidado: 1,90 puntos.

Por cada unidade de nivel que exceda de 16: 0,15 puntos.

Non poderá supera-lo máximo de: 4 puntos.

Nos supostos nos que os funcionarios non teñan consolidado grao persoal ningún, computarase para os efectos de puntuación no presente punto, o nivel mínimo correspondente ó intervalo de niveis do grupo de cada corpo ou da escala á que pertenza o funcionario.

II. Valoración do traballo desenvolvido:

A valoración do traballo desenvolvido efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Só se computarán os traballos desenvolvidos como funcionario de carreira do respectivo corpo/escala/clase, en postos de traballo catalogados como de inspección de servicios sanitarios.

En todo caso, queda excluído da valoración calquera outro tipo de posto de traballo desenvolvido, incluídos os sanitarios que teñan como contido esencial o clínico-asistencial.

b) Só se computarán os traballos desenvolvidos nos últimos cinco anos, como segue:

c) Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado en máis de dous niveis: 1 punto.

-Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ó posto desempeñado ata dous niveis: 0,50 puntos.

-Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ó desempeñado: 0,25 puntos.

Para os efectos anteriores os servicios prestados na situación de comisión de servicios puntuaranse como realizados no posto de orixe do funcionario.

Puntuación máxima deste epígrafe: 5 puntos.

III. Cursos de formación e perfeccionamento:

Ata un máximo de 5 puntos, por cursos de formación e perfeccionamento impartidos por centros oficiais dependentes das administracións públicas, e que teñan un contido relacionado coa avaliación e control de centros e servicios sanitarios e coas demais funcións relativas á inspección sanitaria, segundo a seguinte valoración:

a) Por cada curso realizado cunha duración acreditada entre 20 e 60 horas lectivas: 0,5 punto por cada un.

b) Por cada curso realizado cunha duración acreditada entre 61 e 200 horas lectivas: 1 punto por cada un.

c) Por cada curso realizado cunha duración acreditada superior ás 201 horas lectivas: 2 puntos por cada un.

En todo caso, quedan excluídos do cómputo os cursos que non estean suficientemente acreditados, así como os recibidos con posterioridade á data do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

IV. Grao de coñecemento do idioma galego:

Iniciación ó galego: 2 puntos.

Perfeccionamento do galego: 3,5 puntos.

Linguaxe administrativa, nivel medio de linguaxe administrativa local galega ou de linguaxe xurídica galega; os ciclos elemental e superior dos estudios de galego das escolas oficiais de idiomas: 4 puntos.

No caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, ós cursos, estudios ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

V. Antigüidade:

Servicios prestados nas administracións públicas:

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de servicios como funcionario de carreira: 0,30 puntos.

Para estes efectos, computaranse os recoñecidos que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario.

Puntuación máxima deste epígrafe: 6 puntos.