Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.560

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de novembro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se convocan os aspirantes para o proceso de selección temporal de 26 prazas de farmacéutico de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

Advertido erro no texto da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 229, do luns 27 de novembro de 2000, cómpre efectua-la oportuna corrección:

-Na páxina 15.792, punto 1, onde di: «Área de saúde de Lugo Sur: 1 farmacéutico/a», debe dicir: «Área de Saúde de Lugo: 2 farmacéuticos/as».

En consecuencia na páxina 15.792, no título, onde di: «...selección temporal de 26 prazas...», debe dicir: «...selección temporal de 27 prazas...».