Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do día 22 de xaneiro de 2001, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación que se menciona a continuación, de conformidade co disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público por prazo de 8 días para os efectos oportunos do seu exame e reclamacións.

Contratación das obras de edificio mixto: fases I e I, consistentes en centro de artesanía e sala de conferencias e exposicións.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Anuncio de contratación.

Simultaneamente, e de conformidade co establecido no artigo 122.2º do citado real decreto lexislativo, anúnciase a licitación, por un prazo de 13 días, aínda que esta se aprazaría no suposto de que se presentasen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Palas de Rei.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción de edificio mixto. Fases I e II, consistentes en centro de artesanía e sala de conferencias e exposicións.

b) Prazo de execución: catro meses, contados a partir da data de notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 28.882.866 (vinteoito millóns oitocentas oitenta e dúas mil oitocentas sesenta e seis) pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Palas de Rei, avda. de Compostela, 28. 27200-Palas de Rei (Lugo). Teléfono: 982 38 00 01. Fax: 982 37 40 15.

b) Data límite de obtención de documentos e información: día anterior hábil ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 02, 03, 04, 05, 06, 07, 08, 09. Cateogría D.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Palas de Rei, de 9 horas a 14 horas. Admítense propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciando ó Concello de Palas de Rei a remisión da oferta, mediante fax, telex ou telegrama no mesmo prazo.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la oferta: 2 meses.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Palas de Rei.

c) Data: o quinto día hábil, seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Hora: 12 horas.

10. Outra información: Servicio de Contratación do Concello de Palas de Rei.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Palas de Rei, 23 de xaneiro de 2001.

Fernando Alfredo Pensado Barbeira

Alcalde