Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública da II modificación do proxecto de compensación da U.E. Fraga. (Expediente 4259/401).

Sométese ó trámite de información pública a II modificación do proxecto de compensación da U.E. Fraga presentado pola xunta de compensación, polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no DOG, segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo sita na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 21 de decembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo