Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1619/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 11 de xaneiro do ano 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do sector A-3 do PXOU de Ourense, por instancia de Pablo Prada Valencia, en representación dos propietarios do dito sector.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de xaneiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde