Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, fanse públicas as adxudicación dos seguintes contratos administrativos:

Servicios de colaboración na xestión tributaria censal, inspectora e recadatoria do Concello da Guarda.

1. Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: servicios complementarios ó funcionamento dos órganos de xestión tributaria, inspectora e recadatoria do Concello da Guarda, que non impliquen exercicio de autoridade nin custodia de fondos públicos.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 228, do 24 de novembro de 2000 e BOP nº 227, do 27 de novembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

4. Orzamento de licitación.

21.465.510 pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 29-12-2000.

b) Contratista: Afina: Asistencia en Gestión Tributaria, S.A.

Obras da rede de sumidoiros en Salcidos, Camposancos e A Roda.

1. Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: rede de sumidoiros en Salcidos, Camposancos e A Roda.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 178, do 13 de setembro de 2000 e BOP nº 163.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

4. Orzamento base de licitación.

12.013.792 pesetas, IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Fecha: 25-10-2000.

b) Contratista: Construcciones Carro, S.L.

A Guarda, 4 de xaneiro de 2001.

José Luis Alonso Riego

Alcalde