Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (360/2000-4).

Eu, Ángel-Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso Administrativo número un da Coruña, fago saber que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento abreviado número 360/2000-(4), notifícase a Pablo Liñares García o auto, que literalmente di así:

«Auto.

Na Coruña, o 3 de xaneiro de 2001.

Antecedentes de feito.

1. Promoveu as presentes actuacións -por demais, constitutivas de autos número 360/2000-(4) do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un desta capital, Pablo Liñares García en calidade de parte recorrente contra aquela precedente Resolución de data 25 de setembro de 2000, dictada polo director xeral de Recursos do Ministerio do Interior, que agora consta desde logo referenciada en autos.

2. En calquera caso, a dita referida parte recorrente omitiu ó promove-las presentes actuacións presenta-la solicitude de designación de avogado e procurador de quenda de oficio polo correspondente trámite de xustiza gratuíta, de forma que se dictou aquel precedente proveído que agora consta nestas, outorgándoselle aquel ulterior e correspondente prazo emendatorio legalmente establecido e baixo expresa advertencia -no caso de persistir aquela referida omisión unha vez excedido este- de arquivo por caducidade desta vía xurisdiccional contencioso-administrativa outrora para o efecto promovida.

3. Consta pois agora en autos oportuna dilixencia expedida polo titular da secretaría deste xulgado pola que se acredita o transcurso daquel referido prazo anteriormente aludido sen que desde logo aquela parte promovente emendase aquela omisión antes referenciada.

Fundamentos xurídicos.

1. O artigo 52.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, establece que se a demanda non se presentase dentro do prazo, o Xulgado..., de oficio, declarará por auto a caducidade do recurso. Non obstante, admitirase o escrito de demanda e producirá os seus efectos legais se se presentase dentro do día no que se notifique o auto.

2. Por outra parte, o art. 78.2º daquela referida Lei 29/1998, do 13 de xullo -no que atinxe precisamente a tramitación daquela específica vía procedemental característica do procedemento abreviado agora para o efecto aplicable- prescribe que o recurso se iniciará por demanda, á que se xuntará o documento ou documentos no que o demandante

funde o seu dereito e aqueles previstos no artigo 45.2º de igual referida norma legal contencioso-administrativa.

3. En calquera caso, o art. 78.23º da dita Lei 29/1998, do 13 de xullo, establece que o procedemento abreviado, no non disposto neste capítulo -onde se regula o seu específico trámite procedemental-, rexerase polas normas xerais da presente lei, de forma que tendo en conta aquela referida omisión procesual antes aludida e que esta tampouco foi emendada ata a data malia aquel expreso e emendatorio prazo outrora para o efecto outorgado no que atinxe a xustificación da presentación daquela solicitude de xustiza gratuíta, de conformidade co teor da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta.

Vistos os artigos citados e demais de pertinente e xeral aplicación.

Acórdase declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo outrora promovido por aquel parte recorrente antes aludida.

Notifíqueselle-la presente resolución ás correspondentes partes comparecidas mediante a publicación de edictos que se inserirán no DOG, ó non figurar en autos domicilio do recorrente e signifíqueselle o dereito que o asiste de interpoñer eventual recurso de apelación no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e perante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro».

E para que lle sirva de notificación ó demandado Pablo Liñares García, con domicilio descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 3 de xaneiro de 2001.

Angel-Javier Martín Sánchez

Secretario