Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (26/1999).

Eu, o maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue o procedemento expediente de dominio. Continuación do tracto 26/1999 por instancia de José Francisco Vázquez Loureiro, expediente de dominio para a inmatriculación dos seguintes predios:

Rústico, parcela nº 190 da zona de concentración parcelaria de Santa María de Villestro, Concello de Santiago de Compostela, a labradío, prado e monte no sitio de As Catalinas, que mide 27 áreas e 62 centiáreas. Linda norte: José Ramón Quintáns Trenco e outros. Sur: camiño construído polo Servicio Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural. Leste: Carmen Peña Peña e outros, e oeste: Amalia Vidán Bustelo.

Rústico, parcela nº 191 da zona da concentración parcelaria de Santa María de Villestro. Concello de Santiago de Compostela, prado e labradío ó sitio de As Catalinas, que mide 34 áreas e 19 centiareas. Linda: norte José Ramón Quintáns Trenco e outros. Sur: camiño construído polo Servicio Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural. Leste: Antonio Vidán Bustelo e oeste: José Varela Moscoso.

Polo presente edicto e en virtude do acordado en providencia desta data convócanse as persoas ignoradas ás que lles puidese prexudica-la inscrición solicitada para que, no termo dos dez días seguintes á publicación deste edicto, poidan comparecer no expediente, alegando o que ó seu dereito conveña.

Así mesmo, cítase a Sofía Maceira Vida, María Mercedes González Peleteiro, Julio Gonzalo Maceira González, Alicia María Maceira González, Natalia Maceira Vidán, José Ramón Quintáns Trenco, Carmen Peña Peña, José Varela Moscoso e herdeiros descoñecidos e incertos de Amalia e Antonio Vidán Bustelo para que dentro do termo anteriormente expresado comparezan no expediente alegando o que ó seu dereito conveña.

En Santiago de Compostela, 8 de abril de 2000.

Selado e rubricado