Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/1187/2000, interposto por José Iglesias González e outros, contra o pacto asinado o 13 de xullo de 2000 no marco da mesa sectorial de negociación do persoal sanitario (DOG nº 161, do 21 de agosto), sobre criterios de incorporación e cesamentos regulamentarios do persoal sanitario non facultativo e non sanitario nas prazas das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, por mor dos procesos de selección e provisión e demais incorporacións de persoal fixo que se produzan por calquera outra causa.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos